CAMELIAS MASCOTAS

Maxia, sendeirismo, museos, cinema… Nove plans para a ponte de Semana Santa

Os máis afortunados xa levan uns cantos días de vacacións, pero outros comezamos este xoves a ponte de Semana Santa. Aí van nove ideas para aproveitar estes días ociosos. Consulta a axenda para descubrir máis eventos.

A ponte de Rande desde a ría | P. Vázquez

Neste artigo, que publicamos na revista de abril de 2021, recompilamos todos os roteiros marcados polos montes de Vigo e indicamos duración, dificultade e puntos de interese. Un plan ideal para coñecer os arredores de Vigo e plantarlle cara ao mal tempo.

Algo que sempre facemos en cidades alleas e non tanto na propia. Os museos e salas expositivas de Vigo renovan periódicamente as obras que penduran das súas paredes. Actualmente hai mostras moi interesantes no Marco, Galería Maraca, Sargadelos, RioLagares, Afundación, Museo do Mar ou na Fundación Laxeiro.

Esta V edición ten lugar do 22 ao 31 de marzo na explanda do Náutico, de 12:00 a 00:00. Haberá catas, concertos, foodtrucks, obradoiros e xogos para os máis pequenos.

A rapazada xa desfruta das súas vacacións desde hai días. Algúns dos mellores plans para estes días son o festival de maxia Vigo Rúa Máxica, que ten lugar na Porta do Sol ata o día 31; Mundo Xogo, outra propotsa infantil na praza do Rei, tamén ata o domingo 31; e Vigo Nature, actividades relacionadas coa natureza no antigo zoo da cidade.

A música de Vigo non para nin en festivo. Loxicamente a oferta é notablemente inferior ao resto de semanas do ano, pero aínda así temos concertos na Sinattra, Kominsky, Radar, O Lar das Artes, La Goleta, Transylvania, A Casa de Arriba, La Fábrica de Chocolate, Café Uf, Masterclub e no centro comercial Vialia. Unha das propostas máis interesantes é o festival Ollie Navia o venres na Sala Kominsky, coa actuación das bandas Caramuxos de Samil, La DGT, Eskravos, Hexenon, Europeos Pálidos, Markn + Sacoga.

Este sábado 30 de marzo Teatro Gorrilla volve cunha edición festival en cinco bares da zona de Churruca. Desde ás 18h ata ás 22h artistas como Elsa Pereira, Monica Sueiro, Nico Elsker, á compañía Playback Galicia ou Leonor Sanganriel levarán a cabo actuacións de artes escénicas nalgúns nos seguintes bares: Candela (18:00 h), Tinta Negra (19:00 h), A Casa de Arriba (20;00 h), Sala Kominsky (21:00 h) e Burbia (22:00 h)

Unha das mellores formas de encher o tempo libre e lendo. E que mellor forma de facelo que con literatura viguesa e galega. Podedes consultar as recomendacións de Tensi Gesteira na sección Deleite Literario das nosas revistas en papel, botar unha ollada polos andeis de Librouro ou recurrir a algúns destes autores (e ler as entrevistas que lles fixemos): Ledicia CostasPedro FeijooAntonio García TeijeiroFrancisco CastroArantxa PortabalesDomingo VillarXesús Alonso MonteroXosé Luís Méndez FerrínMaría Xosé QueizánMaría Xosé PorteiroIsabel Blanco-RivasGonzoManuel BragadoIago LosadaBeto LuacesInma López Silva… Tamén podes ler sobre a suposta existencia da novela negra viguesa (artigo central da revista de novembro de 2020) ou sobre a nosa literatura musical.

REVISTA NOVEMBRO

A falta de filmes galegos na carteleira dos cinemas, podemos optar por velos na plataforma en liña que abriu a Televisión de Galicia hai dous mes: AGalega. A páxina conta cun amplísimo catálogo de filmes de ficción (O que arde, Malencolía, A illa das mentiras, Cuñados, Quen a ferro mata, Engurras, Ons, Eroski Paradiso, Lúa Vermella, O descoñecido, A esmorga…), documentais (Benposta, soño e realidade; Os días afogados, Nación, Trinta lumes, Vigo 1972…), series de televisión ac tuais (Saudade de tiAuga SecaA EstibaOperación Marea NegraO sabor das margaridas…) e históricas (Pratos Combinados, Mareas Vivas, Padre Casares, Matalobos, Serramoura…); programas culturais (Zigzag, Zeta, As mil e unha páxinas…) e musicais (Cantos rodados, Ondas novas, Alalá, 100 anos de verbena galega, No carro da música…) e multitude de contidos sobre historia, gastronomía, viaxes, etc.

Outro tipo de roteiro, este cos auriculares postos, é seguindo este mapa sonoro das cancións que falan de Vigo e nos levará ata a ETEA, a Ponte de Rande, o Dinoseto ou Churruca. Un roteiro musical único e cheo de humor, sentimento de pertenza e viguismo.