As túas movidas

As túas movidas na nosa revista

Vigo é unha cidade chea de creatividade e talento, e por iso queremos que teña un espazo fixo na nosa revista en papel. Cada mes, escolleremos unha das pezas que nos enviedes para que apareza en As túas movidas. Esta nova sección, posta en marcha en colaboración coa Universidade de Vigo, está aberta a calquera persoa que queira compartir a súa arte cos demais. Participar é moi sinxelo:

  • Envía unha fotografía, ilustración, poema, microrrelato, collage ou viñeta ao correo revista@amovida.gal acompañado dos teus datos (título da obra, nome e apelidos, teléfono, a firma que queres que apareza e a túa conta de Twitter ou Instagram, se tes).
  • As imaxes serán enviadas en .jpeg ou .tif coa mellor calidade posible (a poder ser en CMYK e 300 ppp). Os textos enviaranse como .doc ou .odt e non sobrepasarán os 2000 caracteres (contando espazos).
  • Podes participar máximo unha vez por mes.
  • Por suposto, no caso de haber texto, este debe estar en galego.
  • A data límite de envío é o día 15 de cada mes.

Agardamos polas vosas creacións!