#AMOVIDALOVERS

#AMOVIDALOVERS

Ademáis das numerosas persoas que apoian o noso proxecto, xa reciben a revista no seu domicilio e favorécense das vantaxes que ten ser #AMOVIDALOVER, moitos son os locais que tamén queren sumarse. Cafeterías, librarías, asociacións, centros de ensino… poñen o seu gran de area para que A Movida creza. Grazas!

Gústache o que facemos e gustaríache contribuír dalgunha maneira a que o proxecto creza? Faite tamén #AMOVIDALOVER . Se queres apoiar o noso proxecto porque cres, ao igual que nós, que Vigo precisa unha axenda cultural de calidade subscríbete a A Movida. Por 24€ ao ano contribuirás a que A Movida se consolide e apostarás porque Vigo sexa unha cidade máis cultural.

Banner A Movidiña

É tan doado como encher este formulario e comezarás a recibir a revista na dirección que nos indiques. Se tes un local, comercio ou empresa, sumaremos o teu logotipo a esta páxina.

FESTIVAIS

Ben sabido por todo é que en Vigo gozamos de varios festivais referencia na cultura da nosa cidade e do noso país. En A Movida súmamonos ao seu traballo como altavoz e medio no que difundir a súa labor. Nós somos amantes do que fan e eles tamén son #AMOVIDALOVERS.