ASNEVES
REVISTA MAIO

VIGO NATURE

28mar13:00VIGO NATUREPEQUECHOS | De balde13:00(GMT+01:00) VigoZoo

Detalles do eventos

Horario e programa das actividades educativas de Vigo Nature o Xoves 28:

13:00 h – ALIMENTACIÓN DE FAUNA NOCTURMA E EXOTARIUM.

16:30 h – COÑECENDO AO NOSO SOL: Poderás achegarte a observar ao sol, ese gran descoñecido, directamente a través dun telescopio e construir o teu propio reloxio sol. (*) En caso de mal tempo meteorolóxico esta actividade será substituída por “o ceo nocturno”.

COÑECE OS NOSOS SAURIOS: Atrévete a asistir a esta actividade de longa duración onde construiremos un “legosaurio” robótico e coñecerás aos saurios do noso exotarium, a súa problemática e a estreita relación cos lagartos galegos. Enfocada principalmente a dar a coñecer e por en valor aos lagartos, que son réptiles do mesmo xeito que as tartarugas, as cobras, ou os crocodilos. O seu tamaño varía desde uns poucos centímetros como as lagartas caseiras, ata grandes lonxitudes como o dragón de Komodo, que supera os 2 metros de longo. Case todos posúen 5 dedos, pero hainos con 4 e mesmo sen extremidades, como as cobras. A súa escamosa é seca e resistente, para darlles protección.

17:30 h – O SISTEMA SOLAR: Consitirá nunha pequena charla para dar a coñecer os misterios do noso sistema solar e nunha proxección no noso renovado planetario onde poderás viaxar de forma virtual aos distintos planetas que o conforman.

18:30 h – DESCUBRE O EXOTARIUM: Actividade divulgativa realizada no auditorio e na cal coñecerás a fondo as características dos animais do exotarium, as súas curiosidades, bioloxía e poderás manipular algunhas das especies máis representativas.

OBRADOIRO AMBIENTAL: Neste pequeno obradoiro aprenderás algunhas interesantes curiosidades sobre algunhas das especies da fauna do parque.

Reservas: de luns a venres no teléfono 986 267 783 e os sábados e domingos de forma presencial.

Máis

Hora

(Xoves) 13:00(GMT+01:00)

Localización

VigoZoo

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

Other Events