BANNER CANS
BANNER GALAXIA

19mai(mai 19)19:3021(mai 21)21:30Pint of ScienceFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:30 - 21:30 (21)(GMT+02:00) Vigo Centro

Detalles do eventos

Con máis dun milleiro de eventos en 75 localidades, o festival encherá de ciencia bares de todo o país os días 19, 20 e 21 de maio. A través de charlas divulgativas, monólogos ou experimentos de entre 20 e 30 minutos de duración, investigadoras e investigadores de todas as áreas de coñecemento compartirán o seu traballo nun ambiente moi diferente ao habitual.

En Vigo, Pint of Science celebrarase nos bares El Castro e Vitruvia Café a partir das 19:30 horas, cun total de 12 charlas científicas que cubrirán temas como saúde mental e neurociencia, nanotecnoloxía, sociolingüística e intelixencia artificial, inmunoterapia ou segregación escolar, entre outros.

Entre os investigadores e investigadoras que participan nesta edición de Pint of Science Vigo, atópanse Carlos Renero Lecuna, que amosará como la luz, a través das nanopartículas, pode converterse nunha potente aliada para estudar e intentar combater o cancro; Raquel Ríos Castro, desvelará os segredos do océano e o que nos revela o ADN ambiental, ou Alessandro Marcomini, quen abordará a mecánica cuántica e a súa sorprendente presenza na nosa vida cotiá.

Igual que en anteriores edicións, este ano o evento contará novamente con xogos e premios pensados para o público asistente. Un dos obxectivos da organización é establecer o diálogo directo entre os investigadores e a sociedade. Desde o equipo local de Vigo resaltan que “achegar a ciencia á sociedade non é só unha opción, é unha necesidade. Cremos que o coñecemento non debe quedar nos laboratorios, senón que debe saír, contarse e compartirse. A miúdo cremos que a ciencia é difícil de entender, pero quizais só necesitamos que nola expliquen doutra forma. En Pint of Science buscamos precisamente iso: traducir a linguaxe científica a outra máis sinxela e accesible para todos”.

En Vigo haberá dúas charlas centradas en desmentir algúns bulos científicos. Mónica Martínez Fernández abordará o tema da inmunoterapia como tratamento contra o cancro, tratando de aclarar conceptos erróneos comúns. Pola súa parte, Carlos Spuch Calvar, desde a súa perspectiva como neurocientífico, falará sobre saúde mental e como esta afecta ao noso corpo.

PROGRAMACIÓN: Lunes 19 ao mércores 21 de maio de 19:30 a 21:30 horas no bar El Castro e no bar Vitruvia.

BAR EL CASTRO

Lunes 19 de mayo (19:30 – 21:30 horas) – Temática: Planeta Tierra.

  • Los secretos del océano: Lo que el ADN nos revela – Raquel Ríos Castro (IIM-CSIC).
  • A arte de non caer: Penedos fronte a enxeñaría – Ignacio Pérez Re (Universidade de
    Vigo).

Martes 20 de mayo (19:30 – 21:30 horas) – Temática: De los Átomos a las Galaxias.

  • ¡Luces, cámaras y nanopartículas! – Carlos Renero Lecuna (CINBIO, Universidade de
    Vigo).
  • La exploración de cuevas lunares – Alejandro Camanzo y Manuel Diz (AtlanTTic,
    Universidade de Vigo).

Mércores 21 de mayo (19:30 – 21:30 horas) – Temática: Nuestro Cuerpo.

  • Enfermedades reumáticas: No todo es reuma – Samuel García Pérez (IIS Galicia Sur).
  • Inmunoterapia: La revolución está en tu interior – Monica Martínez Fernández (IIS Galicia Sur).

BAR VITRUVIA

Lunes 19 de mayo (19:30 – 21:30 horas) – Temática: Nuestra Sociedad.

  • La información es salud – Claudia González López (Escola de Enfermería de Pontevedra).
  • Segregación escolar por estatus migratorio – Coral del Río Otero (Universidade de Vigo).

Martes 20 de mayo (19:30 – 21:30 horas) – Temática: Tech me out!

  • Diglosia dixital: IA xerativa e sociolingüística – Andrea Busto (AtlanTTic, Universidade de Vigo).
  • La magia de la cuántica: del multiverso al hogar – Alessandro Marcomini (VQCC-AtlanTTic, Universidade de Vigo).

Mércores 21 de mayo (19:30 – 21:30 horas) – Temática: Mente Maravillosa.

  • La salud mental vista por un neurocientífico – Carlos Spuch Calvar (IIS Galicia Sur).
  • ¿Vas a ir (hablando) así por la calle? – María Méndez Santos (Universidade de Vigo).

Máis

Hora

19 maio, 2025 19:30 - 21 maio, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

Vigo Centro

36202 Vigo Pontevedra

Other Events