Faite #AMovidaLover

Apoia o xornalismo cultural e independente da cidade de Vigo. A Movida é a única revista especializada en cultura da urbe olívica. Un medio creado por mozos e mozas vigueses, apaixonados da cultura e da súa cidade.
Faite #AMovidaLover. Grazas ao teu apoio podemos continuar o noso proxecto e construír unha cidade culturalmente máis activa.

Subscrición

Ao subscribirte, a revista en papel chegará cada mes ao teu domicilio, recibirás promocións especiais, participarás en sorteos para socios e poderás formar parte de encontros exclusivos. A cota mínima é de 30,00 € ao ano, pero se o prefires podes elevala ou facer unha achega puntual.

Achegas puntuais

Podes contribuír ao noso proxecto facendo unha doazón puntual pola cantidade que ti escollas.

Regala A Movida

Obsequia a persoa que ti o desexes cun ano de subscrición, gozará de todas as ventaxes de ser AMovidaLover!

Aumenta a túa cota

Se xa estás subscrito pero, ao igual que nós, queres dar un empurrón ao xornalismo cultural e independente na cidade de Vigo, eleva a túa cota anual a cantidade que ti decidas.

Quen está detrás de A Movida?

A Movida é a revista de cultura e ocio da cidade de Vigo. Un medio independente e en galego, que difunde a cultura viguesa e que defende valores como o feminismo, o consumo responsable, a cultura base, a diversidade e a lingua. Non dependemos de ningunha administración nin de ningún gran grupo de comunicación. As nosas principais fontes de financiamento son a publicidade e a subscrición dos nosos seguidores e seguidoras.

Máis información sobre o equipo