Política de privacidade

Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?

  • Identidade: A Movida Cultural S.L. – CIF: B27857366
  • Dirección postal: Rúa Celso Emilio Ferreiro, 11 baixo esquerda
  • Correo electrónico: info@amovida.gal

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
En A Movida Cultural S.L. tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas co fin de prestar un servizo semanal de Newsletter, información a través de mensaxería por WhatsApp, manter contacto directo por correo electrónico e participar no sorteo #HaiMovidasQueSóPasanEnVigo
Co fin de poder ofrecerlle produtos e servizos de acordo cos seus intereses, crearemos un “perfil comercial”, en base á información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas en base a dito perfil.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Os datos persoais proporcionados se conservarán mentres se manteña a relación mercantil ou non se solicite a súa supresión polo interesado.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
O envío de información a través do correo electrónico e o teléfono móbil que oferta A Movida Cultural S.L., están baseadas no consentimento que se lle solicita, sen que en ningún caso a retirada deste consentimento condicione a execución do contrato de subscrición.

A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
A Movida Cultural S.L. contrata a súa infraestrutura virtual segundo un modelo de “computación na nube” a través de AWS e ao amparo do acordo EU-US Privacy Shield. – Información dispoñible en: https://mailchimp.com/legal/

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en A Movida Cultural S.L. estamos tratando datos persoais que lles concirne, ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. A Movida Cultural S.L.L. deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

As persoas interesadas teñen dereito á portabilidade dos seus datos persoais. A Movida Cultural S.L.facilita este dereito ao interesado que desexe exercelo.

O interesado pode exercer materialmente estes dereitos mediante os enlaces de acceso que están dispoñibles nos correos electrónicos recibidos por parte de A Movida Cultural S.L. ou solicitando a execución de calquera dos dereitos mencionados dirixíndose por correo electrónico a A Movida Cultural S.L.Opcionalmente, pode redirixir o interesado á Autoridade de Control competente para obter información adicional sobre os seus dereitos.

O interesado ten dereito a retirar o consentimento concedido para recibir información de marketing e/ou newsletter en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

O interesado pode presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente, especialmente cando non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos por parte de A Movida Cultural S.L.

Política de cookies

Cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma na que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. O navegador do usuario memoriza cookies no disco duro soamente durante a sesión actual ocupando un espazo de memoria mínimo e non danando ao ordenador. As cookies non conteñen ningunha clase de información persoal específica, e a maioría das mesmas bórranse do disco duro ao finalizar a sesión de navegador (as denominadas cookies de sesión).

A maioría dos navegadores aceptan como estándar ás cookies e, con independencia das mesmas, permiten ou impiden nos axustes de seguridade as cookies temporais ou memorizadas.

Sen o seu expreso consentimento –mediante a activación das cookies no seu navegador– A Movida Cultural S.L.L. non enlazará nas cookies os datos memorizados cos seus datos persoais proporcionados no momento do rexistro ou a compra.

Que tipos de cookies utiliza esta páxina web?

– Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

– Cookies de personalización: Son aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serían o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

– Cookies de análise: Son aquelas que, ben tratadas por nós ou por terceiros, permítennos cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e análise estatístico da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.

– Cookies publicitarias: Son aquelas que, ben tratadas por nós ou por terceiros, permítennos xestionar da forma máis eficaz posible a oferta dos espazos publicitarios que hai na páxina web, adecuando o contido do anuncio ao contido do servizo solicitado ou ao uso que realice da nosa páxina web. Para iso podemos analizar os seus hábitos de navegación en Internet e podemos mostrarlle publicidade relacionada co seu perfil de navegación.

Banner A Movidiña

– Cookies de publicidade comportamental: Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra  nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenrolar un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

Cookies de terceiros: A Web de A Movida Cultural S.L.L. pode utilizar servizos de terceiros que, pola conta de A Movida Cultural S.L.L., recompilarán información con fins estatísticos, de uso do Site por parte do usuario e para a prestación de outros servizos relacionados coa actividade do Website e outros servizos de Internet.

En particular, este sitio Web utiliza Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc. con domicilio nos Estados Unidos con sede central en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, California 94043. Para a prestación destes servizos, estes utilizan cookies que recompilan a información, incluída a dirección IP do usuario, que será transmitida, tratada e almacenada por Google nos termos fixados na Web Google.com. Incluíndo a posible transmisión de dita información a terceiros por razóns de esixencia legal ou cando ditos terceiros procesen a información por conta de Google.