VIALIA
PLAYDOC

Dez plans para desfrutar da ponte en Vigo

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 13 ao 15 de outubro. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

A cantautora viguesa Sanny será unha das actuacións na Festa do V Aniversario de A Movida

ANIVERSARIO A MOVIDA – Venres ás 19:00 na A Sede RC Celta (rúa Príncipe) – De balde

Este venres 13 de outubro , celebramos unha gran festa polo noso quinto aniversario á que estades todos convidados. Teremos barras de comida e bebida e merchan coas frases da campaña #HaiMovidasQueSóPasanEnVigo. Ás 19:00 h abrimos portas ccun man a man de poesía entre Silvia Penas e Pompa e Boato; ás 20:00 h faremos entrega dos primeiros Premios A Movida e presentaremos o especial número 50 de A Movida. A partir das 21:00 h continuaremos a festa con concerto de Sanny e Bea P. Fernandes DJ.

MIDAS ALONSO – Venres ás 20:30 h na Sala Doppler – 15,00 €

O rapeiro da serr amdrileña Midas Alonso é un dos nomes máis escoitados este ano, especialmente despois do lanzamento de ‘Brixton’ e o famoso ‘ ¿Dónde está Sturridge?’. O espectáculo durará tres horas e tamén subirán ao escenario WABII & YUNG DENZO.

MARINITA Y SUS MAROMAS – Sábado ás 19:30 h na Galería Maraca – 10,00 €

Espectáculo de cabaret transformista da man da compañía Marinita y sus maromas. Show Drag con voz en directo, bailes e moito humor.

PABLO SUÁREZ & ENSEMBLE VIGO 430 – Sábado ás 20:00h na Colexiata – Desde 10,00 €

Un dos mellores violinistas españois protagoniza o primeiro concerto da tempada Orixes, ciclo da Orquestra Vigo 430. O concerto será no interior da Colexiata de Vigo.

‘CURVA ESPAÑA’ – Sábado e domingo ás 20:00 h en Ártika- Desde 10,00 €

A Compañía Chévere ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. Unha alegoría sobre España que se serve dun relato local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín para confrontar a realidade coa ficción, a historia coa lenda.  

TEATRO GORRILLA – Sábado ás 20:00 h na Casa de Arriba – Desde 4,00 €

A Casa de Arriba acolle unha vez máis o Teatro Gorrilla, retomando a programación mensual de artes escénicas en espazos non convencionais na zona de Churruca. Inauguran un novo curso coa peza Karaoke, protagonizada por Sergio Llauger, un actor nun karaoke enfrentase ao seu maior medo: ser patético.

NOCHES EN BLANCO VOL 7 – Sábado a medianoite na Sala Kominsky – De balde

Noite de elctrónica conducida por Pálida.

VIGO CONTRA EL CÁNCER – Domingo ás 10:00 h con saída na Avenida de Castelao – Inscrición pechada

A popular carreira Vigo Contra el Cáncer celebra a súa décima edición o 15 de outubro no barrio de Coia. Haberá dúas modalidades (5 e 10 quilómetros). Os cartos recadados irán destinados a un proxecto de investigación que busca predecir a recaída tumoral en pacientes con cancro de páncreas e vías biliais.

EL TROVADOR – Domingo ás 19:00 h no Teatro Afundación – Desde 20,00 €

REVISTA MAIO

Representación en versión semiescenificada da ópera de Giuseppe Verdi. Nesta ópera, Verdi mergúllanos sentimentos máis extremos do home, polos opostos como amor e odio, violencia e calma, vinganza e tenrura. A maioría dos feitos ocorren fóra do escenario, creando un ambiente surrealista. Organizado por Amigos de la ópera de Vigo.

NIÑA PASTORI – Domingo ás 19:30h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 43,50 €

Niña Pastori presenta nova xira, unha das artistas máis respectadas por varias xeracións, unha icona que conxugou como ninguén o compromiso innegociable das súas raíces coas músicas máis actuais.