CAMELIAS MASCOTAS

Os Directos Xacobeo’21 enchen as salas viguesas de música

O ciclo Directos Xacobeo’21 pretende encher as salas galegas de música autóctona e estimular a recuperación da actividade dos profesionais da música en vivo e das salas galegas de concertos fronte aos efectos da crise sanitaria provocada pola Covid-19. Como non podía ser doutra forma, as salas viguesas están moi presentes.

REVISTA NOVEMBRO
A banda local Moon Cresta durante un concerto no Museo do Mar | P. Vázquez

Os concertos Directos Xacobeo’21 en Salas terán lugar entre xullo e outubro de 2020, e neles numerosos artistas galegos percorrerán a nosa xeografía para volver a levar a música ao seu habitat natural, as salas de concertos. Os locais vigueses que participaran nesta iniciativa autonómica serán La Fábrica de Chocolate, El Contrabajo, La Iguana, Kominsky, Master Club, Radar Estudios, Rebullón, Sinatra Coctel Bar e La Pecera.

Por outra banda, os artistas locais que actuarán tanto na nosa cidade como no resto de Galicia serán AAF’60, BlackStereo, Caldo, Comando Radar, Dixie Town, Eladio y los Seres Queridos, Frying Luras, Greenwater, Kings of the Beach, Heroínas, La Chata Soul, Los Naipes, Maldito Murphy, Moon Cresta, Nicolás Pastoriza, Presumido, Santi Araujo, The Soul Jacket, Spanish Castle Magic, Stoned At Pompeii, Su Garrido, The Bo Derek’s, Inerttes, Víctor Coyote e Villanueva.

A listaxe completa dos concertos en Vigo é a seguinte: