
Detalles do eventos
Do 22 ao 25 de maio, os asistentes ao Festival Azul poderán gozar de todo tipo de experiencias únicas na Ría de Vigo: destacan actividades de iniciación ao
Detalles do eventos
Do 22 ao 25 de maio, os asistentes ao Festival Azul poderán gozar de todo tipo de experiencias únicas na Ría de Vigo: destacan actividades de iniciación ao surf, vela e piragüismo, paseos en barco pola ría, visitas a embarcacións tradicionais, rutas interpretativas, obradoiros divulgativos sobre biodiversidade mariña e sesións de alfabetización oceánica orientadas a escolares. Tamén se ofrecerán actividades de mergullo, pádel surf, wakeboard, exposicións, showcookings con produtos locais e encontros con profesionais do sector marítimo e pesqueiro.
A maiores, este ano a organización do festival lanza o primeiro Concurso de Fotografía do Festival Azul, co que queren que os participantes capturen a esencia mariña da nosa ría: a súa cultura, a súa biodiversidade, a súa vida náutica e todo o que a fai única.
PROGRAMA COMPLETO (clica aquí para máis info do programa)
ACTIVIDADES NÁUTICO RECREATIVAS
Bautismo de Vela (Real Club Náutico de Vigo)
Regata Festival Azul – síguela embarcad@ (Real Club Náutico de Vigo e Naviera Nabia)
Bautismo de Surf (Prado Surf) – Próximamente estará habilitada a ligazón
Exposición e probas de tablas eFoil (Wake&Dive)
Paddle Surf Vigo (Surf Vigo)
Paddle Surf Pilates (Surf Vigo)
Obradoiro Dragon Boat (Club Olívico de Piragüismo)
ACTIVIDADES TURÍSTICAS E GASTRONÓMICAS
Cruceiro pola Ría de Vigo – Ruta do Mexillón (Naviera Nabia)
Cruceiro pola Ría de Vigo – Ruta do pulpo (Naviera Nabia)
Showcooking: Pablo Rodríguez
Roteiro das artes de pesca e bateas de mexillóns con degustación (Bluscus)
Atardecer en Goleta pola Ría de Vigo (Bluscus)
ACTIVIDADES EDUCATIVAS E CULTURAIS
Obradoiro «Mergullando no Nautilus» (Mergullo Breogán Buceo e 13Grados)
Visita ao Hidria Segundo (Fundación Traslatio)
Obradoiro de embarcacións tradicionais (Cabo do Mar)
Obradoiro de identificación de Algas (Surf Vigo)
Safari de snorkel nas Illas Cíes (Mergullo Breogán e 13Grados)
Máis
Hora
22 maio, 2025 09:30 - 25 maio, 2025 22:30(GMT+02:00)
Localización
Porto de Vigo
Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo