Galaxia

IgualArte e El Corte Inglés enchen a Gran Vía de actuacións

Os escaparates de El Corte Inglés albergarán os días 11, 12 e 13 de maio as actuacións de distintos grupos artísticos da Fundación IgualArte. A iniciativa, que leva o nome de Con ollo de pez, comezará a partir das 18:00 e busca reivindicar que a arte é para todos e todas, ademais dunha ferramenta indispensable para a inclusión.

Os escaparates que El Corte Inglés cederá á Fundación IgualArte para as súas actuacións | P. Vázquez

Se hai unhas semanas falabamos do videoclip que estaban a filmar con Antonio Orozco, agora a Fundación IgualArte volve cunha iniciativa pioneira que se espallará por toda Galicia: Con ollo de pez. É unha proposta artística urbana que quere levar as diferentes disciplinas artística á rúa para interactuar cos viandantes. No caso de Vigo, as actuacións terán lugar os días 11, 12 e 13 de maio a partir das 18:00 nos escaparates da Gran Vía de El Corte Inglés, unha zona espaciosa e moi transitada ideal para estas actuacións. Ademais de en Vigo, repetirán a experiencia en A Coruña, Viveiro, Bertamiráns e Milladoiro.

Un evento que forma parte das diferentes accións que IgualArte levará a cabo no ano do seu 20º Aniversario e que se enmarcan dentro do Ciclo ConArte. Cada representación terá unha duración aproximada de media hora e se realizarán dous pases de cada unha. Ademais, serán unha curiosa mestura entre actuación e ensaio, pois poderemos escoitar as conversacións dos participantes e descubrir as particularidades que hai entre bambalinas.

Banner A Movidiña

O calendario é o seguinte:

Mércores 11: Al lío, ás 18.00 horas, coa performance Así, cuxa pretensión é poñer en valor o sentimento de pertenza de todas as persoas no espazo artístico. Ás 18.45 é a quenda de Variopinto, que realizará un contacontos no que se reflicte o enriquecedor das relacións humanas.

Xoves 12 e venres 13: Actuarán no escaparate do Corte Inglés ás 18.00 Al lío e ás 18.45 Variopinto. Al lío farao o 12 de maio ás 18.00 horas con Habitarme e o día 13 con “Así”.

X