VIALIA
bannerPicnicSesions

Quique Fábrica: “O máis importante é que as bandas digan que queren volver tocar no teu bar”

Enrique Rodríguez, coñecido por moitos como Quique Fábrica, xerifalte da Fábrica de Chocolate dende os seus inicios, charlou connosco sobre o XIII Aniversario do local, mais tamén tivemos tempo para botar a vista atrás. Este xoves 14 de xuño rematan as celebracións programadas polo aniversario co concerto dobre de Velvet Insane e Mother Seed, no que se sorteará entre os asistentes un abono para o Resurrection Fest.

Quique Rodríguez diante do seu local, La Fábrica de Chocolate | Pablo Vázquez

Como xorde a idea de abrir a Fábrica no 2005?

Eu tiña relación con Xosé, de La Casa de Arriba, onde tamén facían concertos, e eu tiña outro bar. Entre os dous levábamos a programación dun local de Dj’s, entón vimos a oportunidade de xuntarnos e facer algo entorno aos concertos. Apareceu a produtora Esmerarte, que ten o 50% do local, e xa nos metemos a saco co tema.

Imaxino que non foi un camiño doado para chegar ata aquí, 13 anos despois.

Non foi fácil. Hai un montón de problemas dependendo de quen estea no Concello, grupos que non xiran, concertos que non saen… todo vai sumando. Dentro do que cabe levámolo bastante ben.

“No mesmo ano actuaron aquí dúas bandas que tocaban no Primavera Sound”

Despois de centos e centos de concertos nesta sala, que bandas recordas con máis agarimo?

Miles, dirías eu. Por exemplo, foi curioso que no mesmo ano, creo que foi no 2009, tocaron en moi pouca diferenza de tempo, The War on Drugs e The Drones, que poucos meses despois actuaron no Primavera Sound. Moita xente preguntaba “ostras, tocaron eses grupos aquí?” e eu lles dicía que si, que so había 50 persoas na sala e eles non estaban.

Outros grupos internacionais que tocaron aquí foron, por exemplo, Jay Jay Johanson. E locais, pois tes un montón, Eladio y los Seres Queridos, que son amigos, Villanueva, Pastoriza, Dallasgracias… Moitísimos.

Ao longo destes anos, terás vivido a evolución de numerosas bandas locais sobre este escenario. Algunhas que destaques en concreto?

Hai unha en concreto que toca mogollón na Fábrica que é Dallasgracias. Os seus integrantes teñen tocado con diferentes nomes e formacións e xa son considerados da casa. O cantante díxome o outro día que tocara 18 veces aquí.

Despois de La Iguana, probablemente esta sexa a segunda sala de concertos maís lonxeva de Vigo. Cal é o truco?

O máis importante é facer as cousas con moito cariño e coidar da xente. Que cando as bandas saian digan que queren volver a tocar no teu bar. Que a xente se sinta ben enriba do escenario, tratar ben ós músicos, que xa lles chega con facerse kilómetros e kilómetros de estrada para tocar, xa están fartos diso.

“En Vigo as salas levámonos ben”

Ti cres que é algo habitual noutros sitios que as salas da competencia teñan tan boa relación entre si?

Entre nós hai bastante relación, tanto con Radar, como coa Iguana, coa Máster… Todos nos levamos moi ben. Noutros sitios hai salas que se levan a matar. Aquí en Vigo por sorte non pasa iso.

“Unha sala de concertos non é un negocio para facerse millonario”

Cal sería a banda ou artista que se puideses traerías á Fábrica?

REVISTA ABRIL

É imposible, pero bueno, eu traería a Nick Cave (risas). Teño gañas tamén de moitos grupos galegos que están sacando cousas agora, pero bueno, pouco a pouco.

Que é o mellor que sacas destes 13 anos?

Desde logo, unha sala de concertos non é un negocio para facerse millonario, sácanche diñeiro por todas partes. O mellor, sobre todo, é o trato coas bandas, o grupo que fas no propio bar cos teus empregados, e a zona, que é un barrio cunha tendencia moi musical.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.