
Detalles do eventos
Os organizadores da VI edición do Birraseto Fest acaban de anunciar que o festival, inaugurado o pasado día 22 prolóngase ata o domingo día 1
Detalles do eventos
Os organizadores da VI edición do Birraseto Fest acaban de anunciar que o festival, inaugurado o pasado día 22 prolóngase ata o domingo día 1 de xuño. Posposto en varias ocasións pola climatoloxía, o festival cervexeiro ía concluír esta edición na xornada do domingo 25 de maio, pero o bo tempo e a boa acollida do público vigués animaron aos organizadores a estender a súa duración. Nesta feira pódense degustar máis de setenta tipos de cervexas artesás diferentes ao longo dos catro días. Nesta nova edición contarán con cervexeiros chegados de Galicia e Madrid e seis foodtrucks.
Guía de cervexeiros
- Cervexa artesanl Nós.
- Atlántica Special Beer.
- El jardín de la cerveza.
- The One Beer.
- Cervexas Madroa.
- Banda cervezas.
- Bubela.
- Bacterio Brewing Co.
- Lupia.
- Cervezas Go.
Trátase dun festival de carácter familiar que combina música, comida, obradoiros, xogos e catas, e que ten como obxectivo principal fusionar a cerveza artesá ca comida de rúa, creando así un espazo cultural diferente. Participarán no Birraseto diferentes food trucks, entre eles:
- Craft Burguer (burguer gourmet)
- La Gallega (churrasco)
- Paparrúa (bocatas gourmet)
- Mama Fina (tex-mex)
- Craft food (arepas)
- Royal Crepes (creps e gofres)
No festival tampouco faltará a música para amenizar a xornada. Entre as actuacións deste ano temos:
- O xoves 22 ás 21:30 horas, Plan de fuga.
- O venres 23 ás 22:30 horas, The Liar Papers.
- O sábado 24 á 13:30 horas, Miguel el Pelos; e ás 22:00 horas, In The Cisos.
- O domingo 25 á 13:30 horas, Manu Pereyra; e ás 20:00 horas, Fanatic Tour.
- O xoves 29 ás 21:30 h, Miguel El Pelos
- O venres 30 ás 22:00, The Known Strangers
- O sábado 31 ás 22:00 h, Gold & Colt
- O domingo 1 ás 20:00 h, Castro y los escoltas
O festival é posible grazas a organización de La Ruta del Lúpulo en colaboración co Concello de Vigo, o Consorcio Zona Franca de Vigo e a zona Náutico de Vigo; coa finalidade de dar a coñecer un producto de xeito artesanal e profundizar na cultura desta bebida cada vez máis instaurada en España.
PROGRAMACIÓN


Máis
Hora
22 maio, 2025 13:00 - 1 xuño, 2025 23:59(GMT+02:00)
Localización
Paseo das Avenidas
Rúa as Avenidas 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual