VIALIA
PLAYDOC

Nicolás Pastoriza: “En Vigo debería haber máis proxectos musicais femininos”

Entre tantos proxectos de recente creación atopamos a Nicolás Pastoriza, un clásico da nosa música que actuará na sala científica do Museo. Pastoriza leva desde os 80 sendo unha das referencias locais tanto en solitario como en grupos como Bromea o Qué? ou La Marabunta.

Nicolás Pastoriza e Pablo Novoa na gala do Pergamiño Vindel | Alba Sotelo

Como lembras os teus inicios na música?

Case nin me acordo. Ás veces dáme a sensación que aínda estou a empezar e iso mola.

Que consello lle darías a alguén que esté a comezar agora?

Que non me faga caso nin a min nin a ningún músico de presumible experiencia …en todo caso que aprenda tres acordes e monte un grupo.

Que che parece esta iniciativa de Vigo Emerxe?

Toda iniciativa é benvida, cantas máis mellor… debería habelas cada semana.

Que outros artistas locais gustaríache ver no festival?

Aos máis novos ou aos de recente formación e/ou estrea. E sobre todo mulleres…en Vigo debería haber máis proxectos musicais femininos. 

Que opinas dos novos artistas que están xurdindo nos últimos anos?

Quero ver a  Babykatze a B Flecha , a Santi, a Pablo… en realidade quero velos a todos o sábado independentemente de idades. Dáme igual o tempo que dure a traxectoria de cada un. Só me importa o que fan.

Que opinas da escena musical local?

REVISTA ABRIL

Pois o que dixen… o mellor é que existan e proliferen. A partir de aí a escena créase soa.

Proxectos para este ano e o que vén.

Acabo de volver de Catalunya tras gravar guitarras para o disco de Amaro Ferreiro e en novembro presentarei Aliens y Cowboys, un disco dixital cuxa descarga irá para apoiar a PROMAID, un operativo de rescate no Mediterráneo cunha chea de amigos e colaboradores.