CANS
XERAIS

Propostas viguesas para non fallar no Día da Nai

Unha celebración especial merece un agasallo especial, por iso recompilamos as mellores ideas de regalos vigueses para sorprender este domingo á túa nai. Plans gastro, concertos, espectáculos, ilustración, libros, roupa orixinal e ata obradoiros para realizar xunto a túa nai. O mellor é que todos eles chegan a tempo, pois son de comercio local.

Probar xuntas un novo restaurante

Vigo conta cunha interesante oferta gastronómica desde primeira hora da mañá, cando podemos sentar en Cañaveral e comezar o día cun dos mellores brunch da cidade, con moitas opcións salgadas e doces, gofres, pancakes, saladas de froitas, batidos e, se se quere, cóctel. Outra bo opción de almorzo é Terrae, tenda e cafetería ecolóxica onde todo o servido é de proximidade, de tempada e moi rico. Se preferimos, tamén podemos pedir un almorzo rico a casa en Terrae ou Panadería El Trigal e recibir unha caixa cos nosos produtos favoritos.

Xa a mediodía é boa idea dirixirnos a Albatros e desfrutar da terraza con vistas ás Cíes e o exquisito menú de produto galego; para algo máis informal e con bo ambiente a famosa tortilla cunha cervexa de bodega en La Tita Rivera, ou a nimada praza de Don Bosco, cun vermú e os orixinais pratos para compartir ou o riquísimo cachopo do Bar Primavera. Para un menú único Sukha Funk ofrece sushi, hamburguesas e hot dogs en combinacións orixinais e nun local cheo de cor.

Se procuras un lugar con música en directo O Lar das Artes, especialmente os domingos a mediodía, pode ser a opción perfecta para pasar un mediodía agradable con música, natureza e currasco neste asador cultural. E para unha experiencia difernete, as ceas temáticas de Puro Delirio son a opción máis orixinal desta lista (e da cidade). Menú pechado, ambientación con temática Mary Poppins e cea treatralizada musical interactiva.

Regalar algo bonito e de comercio local

O típico xersei, pero mellor. Se nos achegamos ata Flamingos Vintage Kilo atoparemos moda de segunda man importada de Estados Unidos, pezas irrepetibles para as que botan de menos o estilo dos 90. En Le Marche de Rachel atoparemos prendas de calidade e produción nacional en chamativas cores e variedade de estampados; mentres que en Sr. Nilsson apostan por texidos, cores e formas máis naturais. Ambas teñen unha boa sección de bolsos e bisutería. Para un estilo máis xuvenil e urbano, a tenda de refencia é Woodtown.

Se preferimos fuxir do textil en La Contenedora atoparemos artesanía, xoias, literatura e música de artistas galegos; en Galería Maraca a selección de ilustracións máis ampla da cidade, libros seleccionados cun toque artístico e obxectos curiosos cun toque gamberro e en Vaidhé unha gran selección de complementos, ilustración e decoración.

Asistir a un concerto ou espectáculo

A banda internacional de rock Basement Sants actúa este venres na Sala Rebullón

Regalar unha experiencia que vos saque da rutina e vos faga pasar tempo xuntas é sempre unha boa idea. A oferta cultural da cidade é tan ampla como variada e seguro que próximamente hai algún espectáculo que vos resulta intersante. Se buscas un espectáculo de teatro, en Ártika esta finde podemos ver Las Pascualas, unha comedia amarga protagonizada por dúas amigas, e Teatro Ensalle ten varios espectáculos de teatro físico programados para maio.

Se prefires múscia, bótalle un ollo á programación das salas da cidade, como a Molotov, a Kominsky, Vitruvia ou a Rebullón . Lembra que podes consultar todos os eventos na axenda máis completa da cidade, na nosa web, que ademais permite filtrar por categorías.

Participar nun obradoiro

Se queres levar o tempo compartido ao seguinte nivel, un obradoiro pode ser unha gran opción. Os de Taller Alaselva están especializados en pintura de natureza; en Swing On podemos apuntarnos a un monográfico de baile; en Centro Raíces beneficiarnos da práctica do taichi; e en A Morada involucrarnos nas súas múltiples actividades culturais con enfoque feminista.

REVISTA MAIO