COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Festival de Cans

21mai(mai 21)10:3025(mai 25)23:59Festival de CansFESTIVAIS E FEIRAS | Varias prezos10:30 - 23:59 (25)(GMT+02:00) Cans

Detalles do eventos

O Festival de Cans volve a vila porriñes do martes 21 ao sábado 25 cunha gran cantidade de proxeccións, actividades e concertos.

Cans é un festival de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante. Durante o festival, a aldea transfórmase completamente. Diferentes espazos se converten en salas de proxección, adegas, alpendres, jalpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas.

Outros espazos, como placas de casas en construción, galiñeiros ou leiras convértense en lugares para actuacións musicais e actividades paralelas. E a xente trasládase frenéticamente dun lado a outro en chimpín -os pequenos tractores domésticos- como se estivesen vivindo nun filme de Kusturica.

A broma foi converténdose nun gran punto de cita de público e profesionais. Ademáis do festival de curtas hai estreas de filmes e documentais, coloquios con cineastas, roteiros sonoros e un feixe de actividades que se reparten entre a aldea e o núcleo urbano de O Porriño.

Durante uns días, Cans convértese nun espazo no que se produce un terremoto cultural. Fronte á sofisticación e o glamour da Costa Azul, o festival galego ofrece altas doses de autenticidade e diversión no medio das leiras. É o que se chama Agroglamour, a esencia que define ao evento.

Entradas

Máis

Hora

21 maio, 2024 10:30 - 25 maio, 2024 23:59(GMT+02:00)

Localización

Cans

Cans 36418 Pontevedra

Other Events