Cañaveral, o novo espazo gastronómico de Vigo ten espírito cosmopolita e salvaxe
Despois de meses de reformas e preparación este venres abriu as súas portas Cañaveral, un bar de descoración verde e ambiente tropical, cunha ambiciosa proposta de cociña internacional que vai desde o almorzo ata a cea e se prolonga ata a madrugada con música e coctelería.
A última incorporación á familia casco vello promete articular a tradicional zona de viños coa rúa do Príncipe e abrir á veda a unha futura Porta do Sol con máis vida peonil que a que coñeciamos. Ubicado no histórico edificio Simeón, o mexicano Luis Sosa e o seu socio Nicolás Rey converteron esta xoia do modernismo en Cañaveral, un establecemento de estética cool e decoración inspirada na natureza, dificil de catalogar, pois a súa oferta vai desde o almorzo ata entrada a madrugada.
Na súa extensísima carta, con máis de cen pratos inspirados en varias partes do mundo, atopamos unha carta para comidas e ceas, outra de almorzos, outra de brunch e merendas, unha de doces e unha quinta selección de pratos que podemos pedir a calquera hora. Para probar a carta de comidas e ceas é necesario reservar con antelación.
Se algo está claro é que “ninguén se pode aburrir de comer en Cañaveral, porque sempre atopará algo novo”, como explica Sosa, que deseñeu a carta pensando en ofrecer pratos peruanos, xaponeses, norteamericanos ou mexicanos, pero sempre tendo presente as raíces: Galicia, que estará moi presente a través do produto.
O empresario explica que Cañaveral era necesario nunha cidade como Vigo, cada vez máis grande, turística e cosmopolita, pero que aínda non contaba cun gran proxecto de hostalería que represente este espíritu dinámico e moderno, algo que fai posible a súa ubicación privilexiada e unha coidadísima decoración “inspirada en locais de Madrid e outras grandes cidades”.
A sección brunch, que tamén pode desfrutarse a media tarde, consta de catro menús e unha pequena selección de doces. Algunhas das opcións son salada de froitas, zume natural, gofre con touciño e tosta de Nutella; tosta de salmón, aguacate e feta con zume de laranxa e crepe de doce de leite ou hamburguesa con patacasee tortitas con xeado acmpañadas cun cóctel Belini.
En Cañaveral respírase ambiente festivo e a carta, adianta o seu propietario, non será o único atractivo do local, no que tamén se poderá desfrutar de música jazz, latina e DJ en directo mentres se bebe un cóctel de autor.
Praza Porta do Sol, 6
623 02 48 45
Facebook: @canaveralvigo
IG: @canaveral_vigo
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Sete actividades que non podes perder no Galician Freaky Film Festival - 20 Setembro, 2023
- O Festival Revoltallo celebra 30 anos cunha fin de semana de rock e actividades gratuítas - 11 Setembro, 2023
- La Urbana: a mellor carne do mundo entre dous pans - 11 Setembro, 2023
- Se (aínda) non che gusta a electrónica, Furiosa (tamén) é para ti - 8 Setembro, 2023
- Felicetta Gualtieri, a deseñadora que dá nova vida á roupa e organiza o Mercado Reciclado - 5 Setembro, 2023