Albatros, paxaro de bo agoiro
Situado na estación marítima de Vigo, o restaurante e bar Albatros é unha gran opción tanto para relaxarnos a diario como para albergar eventos e celebracións importantes. A súa carta ofrece cociña de mercado con toques de vangarda e a panorámica sobre a ría, coas Cíes ao fondo, converte a súa terraza nun enclave privilexiado sen saír do casco urbano.
Comer e beber algo respirando a brisa mariña sempre presta, e este é o atractivo principal de Albatros, un lugar versátil, situado no primeiro piso da Estación Marítima, e pegado ao mar con vistas á ría, desde as Cíes ata Rande. Como non se vai a un restaurante só polas vistas, igual de interesante é saber que neste local a cociña está á altura.
En Albatros dispoñen dunha carta fixa e un menú executivo que cambia cada semana. En ambos os dous casos atopamos pratos elaborados con materia prima fresca, do mercado, e elaboracións que conxugan diversas cociñas internacionais coa mellor tradición galega. Mexillóns en escabeche, brioche con cacheira e salsa de chile fermentado, taco con raxo e guacamole, arroz de peixe sapo e zamburiñas ou hamburguesa de vaca vella son algúns dos manxares que atopamos na carta.
Xa pola tarde, o servizo céntrase en ofrecer bebidas e petiscos ata a medianoite. «Queremos ser un local versátil, onde atopar desde restauración tradicional ata un local agradable no que tomar unhas tapas ou uns cócteis despois do traballo», explica Laura, unha das tres socias de Albatros e á vista salta que estamos no lugar idóneo para relaxarnos coa mirada no horizonte.
Pola amplitude dos seus salóns e ambiente agradable Albatros é unha boa opción para organizar eventos de todo o tipo, tanto particulares, como un aniversario, graduación ou festa de xubilación; como eventos coorporativos, presentacións con cóctel ou ceas de empresa. O mellor é poñerse en contacto directamente con eles para que nos axuden a dar forma ao noso evento.
Enderezo: Estación Marítima (peirao de Transatlánticos, s/n)
Facebook: Albatros Terraza&bar
Instagram: @albatrosvigo
Web: albatrosvigo.com
Teléfono: 986 43 71 62
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Omichi: o camiño do bo ramen - 28 Novembro, 2024
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024