Situada en pleno Casco Vello, ao carón da Praza da Constitución, Sr.Nilsson é unha tenda multimarca de moda e accesorios con selo nacional.
Cunha decoración coidada, mestura o vintage e o ecléctico ofrendo gran variedade de prendas e accesorios orixinais e moi especiais que non deixan a ninguén indiferente.
Ideal para mercar un regalo ou comprar a distancia xa que fan envíos a domicilio.
Horario:
De luns a sábado: 10.30–14-00 e 17.30–21.00
Domingo: pechado