A El Trigal o oficio vénlles de familia. Xeracións enteiras creceron entre fornos de leña, fariña, froitas, chocolate e azucre. Aprenderon que cada cousa necesita o seu tempo e que para poder gozar dun bo pan este debe amasarse con mimo, deixar que fermente lentamente para conseguir que a súa textura sexa fina e esponxosa, cocelo a lume lento para obter unha cortiza dourada e un sabor único a pan pan.
En El Trigal elaboran a diario, seguindo os procesos tradicionais e seleccionando minuciosamente a materia prima coa que traballan, unha gran variedade de pans e pasteis para que aqueles que os proben gocen dos cheiros, sabores e texturas de sempre.
No seu establecemento atoparás unha ampla variedade ademais dunha acolledora cafetería onde traballan co obxetivo de agradar aos seus clientas coas súas mellores recetas, sen perder ese toque artesanal que tanto os caracteriza, e ofrecendo un amplo horario de atención, para que a súa mesa nunca falte.
Desde hai uns meses tamén os podes atopar na Sede do Celta, en pleno corazón de Vigo. O sitio perfecto para facer unha parada doce entre recado e recado.
Horario:
De luns a sábado: 06.00–23.00
Domingo 08.00–23.00