Take away, tenda de roupa, galería de arte, taller de cursos… La Contenedora é un espazo polivalente rexentado por Leticia Rodríguez e Saúl Seoane, creadores en 2019 do proxecto Alga Clases y Talleres. Este contedor creativo alberga propostas artísticas, comerciais, culturais, formativas e hostaleiras co que se busca darlle unha nova vida a esta rúa transversal á do Príncipe
Aos cursos habituais en Alga súmase un bar onde podemos atopar produtos ecolóxicos, veganos e diferentes aos habituais, en ocasións ambientado por un Dj e que ofrece servizo de comida para levar. Tamén unha concept store centrada na produción de artistas galegos e locais (artesanía, ilustración, literatura, música…) e material de importación, especialmente do sector téxtil. E, por suposto, contan cun espazo de galería para a realización de instalacións, eventos e actuacións puntuais ás que debes estar atento para non perder unha das mellores ofertas culturais do centro de Vigo.