REVISTA ABRIL

O Lar das Artes enche Matamá de música

O Lar das Artes, o asador cultural situado en Matamá e rexentado polos artistas Tincho Fernán e Nuria González, prepara un mes de maio cargado de música e outras actividades. Reservas no 639 45 51 02.

REVISTA ABRIL

En setembro de 2022 abría en Matamá, fronte ao cemiterio (rúa Ribelas 60), O Lar das Artes. Autodefínese como un asador cultural, xa que alí podemos degustar deliciosas carnes ao estilo uruguaio mentres desfrutamos dunha variada programación artística: concertos, monólogos e eventos varios. Detrás deste proxecto están Tincho Fernán e Nuria González, ambos artistas musicais ben coñecidos na nosa cidade.

Segundo como estea o día, O Lar das Artes dispón de zona e interior e dunha acolledora terraza onde se realizan habitualmente os concertos. Por el xa pasaron artistas locais e de fóra como Eladio Santos, Tonhito de Poi, Many Moure, Este mes de maio o espazo énchese de música e outras actividades de balde, entre as que destacan a residencia do músico africano Ousmane, que amenizará os seráns dos venres pospraia coas súas versións de todo tipo; o concerto de Villanueva, que está a celebrar o décimo aniversario da gravación do seu primeiro disco, Viajes de ida; o debut do trío de hard rock instrumental Trol; e a Feira americana, con prendas a 1, 2 e 3€, cuxa primeira edición gozou dun grande éxito que agardan repetir.

Todos os venres (20:30): o músico Ousmane realizará versións de clásicos do pop, rock e músicas do mundo
Venres 5 (20:30): encontro moteiro da peña Arredemos
Sábado 6 (12:30): concerto de Villanueva, que está a celebrar unha xira especial polo décimo aniversario do seu primeiro álbum
Domingo 7: día da nai, polo que o local convida a todas elas á sobremesa
Domingo 14 (12:30): hard rock instrumental da man da banda Trol
Sábado 20 (12:30): o rapeiro Cedecé ofrecerá un concerto acústico dentro da súa xira Más abierto que nunca
Domingo 21 (12:30): Feira americana de roupa de segunda man con prezos entre 1 e 3€
Domingo 28 (12:30): concerto do dúo flamenco Tony Delgado y El Primo