A cooperativa A Morada é un espazo de encontro con alma de patio de veciñas onde os coidados, o feminismo e a inclusión están no centro deste proxecto social comunitario.
Posto en marcha pola coidadora Majo, a traballadora social Ana e a artista e docente Fedra, trátase dunha iniciativa inclusiva, que ofrece actividades formativas, de ocio e obradoiros puntuais ou regulares: por exemplo, o patio de costureiras, o grupo de mulleres no que compartir experiencias, obradoiros de teatro, canto, pandeireta ou bailes de serán.
Tamén contan cunha programación cultural na que atopamos música, teatro, humor, foliadas ou swing.
Rúa Enrique X. Macías, 6
www.amoradacooperativa.com | @amoradacooperativa





