VIALIA
bannerPicnicSesions

Alaselva, a casa-taller onde aprender divertíndose

Tras deixar atrás Zoográfico, un estudio con 17 anos de traxectoria, Antía Sánchez decidiu abrir outro obradoiro, pero esta vez na súa propia casa. Situado nunha zona tranquila como é o lugar de Navia Vello eríxese un espazo artístico no que aprender e desenvolver proxectos creativos de xeito fácil e divertido.

Antía Sánchez é unha artista interdisciplinar con ampla experiencia no mundo da creación e da docencia, e domina con soltura técnicas como a cerámica, a colaxe, o debuxo ou a pintura. Desde o 2005 dá cursos en diferentes centros (universidade, fundacións, centros culturais…) e en 2008 abre Zoográfico, o seu primeiro espazo docente independente. Ali, e agora e Alaselva, imparte diferentes técnicas: lapis, carboncillo, sanguina, pastel, acrílico, acuarela, óleo e técnicas mixtas. A posibilidade do desenvolvemento de proxectos persoais é de especial interese para a docente, polo que nos últimos anos decidiu formarse en cursos de xestión de proxectos, xestión de tempo para creativos e de produtividade.

REVISTA ABRIL

Alaselva bota a andar este mes de setembro como unha casa taller onde apostar polo crecemento dunha comunidade creativa, dando resposta ás necesidades individuais e tratando con mimo e empatía a ese artista interior, nun espazo único e transformador. Con ou sen experiencia, a creatividade de cada alumno crecerá de maneira respectuosa nun ambiente acolledor, acompañado de maneira próxima pola súa mentora: “Teño alumnos que xa veñen de Zoográfico cos que levo 10 anos”, comenta a docente.

Os grupos son de oito persoas como moito: “Considero que hai que coidar os tempos de cada alumno e eu adáptome a eles. Quero unhas clases máis íntimas”, apostila. A partir deste mes podemos anotarnos aos diferentes cursos: Acuarela, Arte botánica, Cadernismo, Debuxo e pintura para principiantes, Debuxo hiperrealista, e Viño e pinta. Esta última é a sesión máis particular, pintando por pura diversión cunha copa de viño na man, nun ambiente totalmente distendido: “Pareceume unha boa idea para esa xente que non ten tempo para acudir a clases de dibuxo pero si teñen a necesidade de conectar co seu artista interior”, engade Sánchez. Outro aspecto diferencial desta casa-taller son as sesións de coaching creativo, moi útiles para sacar adiante proxectos creativos ou marcas persoais:

Rúa de San Paio, 118 | 654 83 10 86 |   antiasanchez@hotmail.com | @taller_alaselva

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.