Patapum, inculcando o respecto
Patapum é unha xoguetería especial e podemos dicir que diferente. Difunden e facilitan o xogo libre, imaxinativo e persoal a través de xoguetes pouco estructurados. Isto é sen luces, sen sons… Toda a tenda segue ademáis unha liña de crianza respectuosa e sostible. Os seus productos son fabricados con materiais naturais, ecolóxicos, biosustentables e moi duradeiros. Fomentan valores como a cooperación, a socialización, a tolerancia… e achéganse a pedagoxías moi significativas como Montessori, Pikler ou Waldorf. A través deste fermoso proxecto dan a coñecer a crianza respectuosa, tanto para a cativada como para o entorno.
Desde xoguetes para os acabados de nacer ata xogos de exterior, pasando por todo tipo de xoguetes educativos ou libros e contos que poñen de manifesto a educación en valores, podemos atopar neste local da Rúa Alfoxo X El Sabio. Estes son as nosas recomendacións para este Nadal:
Calendario anual Fizz (120€). Un calendario circular onde os días constrúen semanas; as semanas constrúen meses; os meses, estacións ata completar o ano. Cambiando as pezas de cor, que nos indican se é pasado ou futuro. Baseado na Educación Cósmica de María Montessori e na teoría da cor da pedagoxía Waldorf. Pode ser utilizado a partir dos 3 anos. A esa idade comezan a desenvolver habilidades de pensamento abstracto entre as que se encontra o concepto do tempo.
A táboa curva Ocamora (115€) é un semicírculo de madeira. O seu uso está recomendado a partir dos 0 meses, sempre baixo supervisión dun adulto. Pódese utilizar para balancealo suavemente, máis adiante para gatear por enriba dela. Cando os cativos comezan a camiñar poden utilizala para agudizar o sentido do equilibrio. A partir dos 3 anos experimentan ao máximo coa súa imaxinación e creatividade. Así, comezan a utilizar a táboa curva como parte do xogo libre e aberto dando renda solta á sua imaxinación. Convértese así nunha ponte, nunha mesa, nun barco….Non hai límites para xogar con ela!
Fermosas bonecas de trapo Les Filles Loiseau Bateuau (40€) de rostro alegre e graciosas pencas, á vez retro e vangardistas de 100% algodón. Con longas pernas para facilitar o seu agarre. Presentadas en bolsiñas de transporte de algodón, conteñen a boneca e tamén roupa de recambio para que os pequenos/as xoguen e se divirtan vestíndoas e desvestíndoas.
Os bloques de construcción matemática SumBlox (36,95€), fan as matemáticas máis fáciles. Xogar e aprender os números, o seu valor, a suma, a resta, a multiplicación e as fraccións. Unha divertida e nova forma de descubrir as matemáticas, facéndoas emocionantes de aprender. Construir torres, pontes , muros e moitas máis cousas, xogando con números e aprendendo sen darse de conta. Estas pezas teñen a mesma altura e o mesmo valor. Cada número ten unha altura proporcional á cantidad que representa. Un 5, un 3 e un 2, teñen a mesma altura que o 10. Ademáis é un xogo de construción co que tamén se poden construír palabras. Dispoñible en dous formatos: Set de Iniciación e Set Familiar
Os puzles Aniwood (30€) son unha nova forma de facer puzzles. Destacan pola su beleza e a súa innovadora maneira de montarse. Non só se tiveron en conta o número de pezas, senon tamén a forma de montar os puzzles, por elo que cada peza é única. Varias delas son especiais, con formas de obxectos e animais relacionadas co deseño. Veñen nunha preciosa caixa de madeira co perfil troquelado do seu puzzle na tapa, polo que podes construilo aí. Ao rematar podese converter nun elemento decorativo utilizando a silueta de film adhesivo que se suministra.
Cando mercas un xoguete en Patapum, non só estas mercando diversión senón que tamén estas contribuindo a un desenvolvemento libre e respectado ao neno/a, deixando que siga o seu propio ritmo de evolución e maduración porque canto menos faga un xoguete máis fará o cativo.
Web: www.patapum.es
Facebook: @patapum.crianzarespetuosa
Instagram: @patapumvigo
Twitter: @patapumvigo
Dirección: Rúa de Alfonso X o Sabio, nº5
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023