REVISTA ABRIL

Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde

Hai quen pensa que o xogo non é máis que mera distracción, un pasatempo para que a rapazada se entreteña. Pero o certo é que o xogo é movemento; fomenta o descubrimento do mundo que nos rodea e aprender habilidades importantes para o desenvolvemento infantil, tanto físico como cognitivo. Por fortuna, cada vez hai máis propostas que cumpren con esta máxima, como as clases que se imparten no centro integral de saúde Progresa, na rúa de Caracas, baixo o nome de Mobility Kids.

REVISTA ABRIL

Trátase de sesións destinadas a un público con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, onde se aprende que os padróns de movemento deben ser a base da motricidade, do dominio que somos quen de exercer sobre o propio corpo. Pero Mobility Kids vai mais aló da simple reprodución de movementos, pois tamén inflúen na personalidade e noutros aspectos psicomotrices. Contribúen ao desenvolvemento integral dos pequerrechos, que así melloran as funcións vitais e o estado de ánimo, reforzan a independencia á hora de levar a cabo rutinas da vida cotiá, melloran habilidades de socialización e de relación dos demais. Xa que logo, estas actividades melloran a saúde física e mental, contribúen ás capacidades de concentración e memorización, ao mesmo tempo que estimulan a expresión e a percepción que teñen de si mesmos, favorecendo unha boa autoestima.

Son clases moi beneficiosas para a infancia e impartidas por profesionais especializados, en grupos reducidos. Ademais podemos coordinar os horarios de maneira que, namentres os pequenos melloran a mobilidade, os maiores poidamos asistir a actividades como hipopresivos, ioga ou pilates. Os períodos vacacionais tamén son un bo momento para empezar novas rutinas en familia.

Rúa de Caracas, 8 | 986 95 46 21 | saludprogresa.com | info@saludprogresa.com

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.