REVISTA ABRIL

Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos

O centro especializado na primeira infancia, Nubes Blancas, ofrece un completo programa de actividades e obradoiros para nenos e nenas dos tres aos dez anos durante todo o mes de xullo.

A oferta de actividades de verán para a cativada é inmensa pero é innegable que unha boa opción para estas datas é decantarnos por un espazo especializado no desenvolvemento na primeira infancia. O centro de estimulación infantil Nubes Blancas ofrece durante o mes de xullo unha gran variedade de actividades nas súas novas instalacións da rúa Uruguai. Este proxecto está avalado pola longa traxectoria de Míriam e Silvia, as cabezas pensantes tras Nubes Blancas.

A rapazada comprendida entre os tres e os dez anos participará en actividades como inglés, psicomotricidade, música e actividades acuáticas; así como en talleres temáticos de arte, ciencia e manualidades. Estas propostas lúdicas teñen en conta as necesidades, tempos e ritmos dos mais pequerrechos. O horario vai das 9:00 h ás 14:00 h con posibilidade de ampliar de 8:00 h a 14:45 h. Os nenos e nenas estarán distribuídos en grupos reducidos e irán pasando por todas as actividades e os obradoiros puntuais ao longo da semana. As profesoras encargadas de dirixir estas propostas estivais son as habituais do centro.

REVISTA ABRIL

Con piscina propia e instalacións adaptadas a cativada, Nubes Blancas é un lugar tranquilo e respectuoso onde os nenos e nenas se senten escoitados e validados. Dispoñen de prezos tanto de xornada completa como de media xornada. Ademais existe un 10% de desconto para o segundo irmán.

Consulta aquí toda a programación

Podes reservar a túa praza a través do correo electrónico info@nubesblancas.es ou por teléfono 604038838 (WhatsApp) | Rúa Uruguai 12

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.