REVISTA ABRIL

Un verán no xardín

A Fundación Sales ofrece un campamento do 26 de xuño ata o 8 de setembro para rapaces a partir dos catro anos, co fin de favorecer a conciliación familiar e que os pequenos pasen un verán en plena natureza.

REVISTA ABRIL

Falar de natureza e cidade pode parecer un algo antagónico. Porén, na cidade da oliva temos a sorte de nos poder esparexer en corpo e alma por espazos verdes coma o Monte do Castro, o Parque de Castrelos ou o Monte da Guía. Pero o certo é que tamén contamos cun espléndido arboreto que aínda pasa desapercibido para moitos: falamos do xardín botánico da Fundación Sales. E se ben é certo que a variedade de plantas e árbores engaiola a calquera que visita este espazo singular, moita xente aínda se sorprende ao coñecer que ademais aquí se realizan diversas actividades, como cursos, exposicións, concertos ou un campamento para facer máis fácil a conciliación durante a temporada estival.

A contorna supón un privilexio indiscutible, máis que estar en contacto coa natureza, trátase de mergullarse nela. Os pequerrechos que participen neste campamento tratan un tema cada día: as plantas, os animais, o medio ambiente, os xogos cooperativos, as xincanas… As actividades están enfocadas para maiores de catro anos, e os grupos organízanse en función da idade. Aínda que o horario do campamento vai das 9:30 ás 14:00 h, ofrecen un servizo de gardería das 8:30 ata ás 15:30 h, ampliando así a marxe horaria para facilitar a vida familiar. Temos por diante un verán no que nos poder adentrar nesta grande aula para nos relaxar e aprender da natureza sen saír da cidade.

Avenida de Europa, 52 | 986 24 08 82 | info@salesxardin.com | www.fundacionsales.org

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.