REVISTA ABRIL

Kids&Us, inglés desde o primeiro

Todo o mundo sabe a importancia que ten hoxe o inglés. Preocúpanos que os nosos fillos teñan os mesmos problemas que tivemos nós co idioma de Shakespeare. Tratamos que lean contos, escriban frases, vexan ´debuxos animados e xoguen nesa lingua. Isto é moi positivo, pero enseguida xorden dúbidas sobre se o facemos correctamente ou que é o primeiro que lles debemos ensinar aos pequerrechos.

REVISTA ABRIL

Un método revolucionario para adquirir o inglés dunha maneira fluída é o que utilizan nos centros Kids&Us. Aquí a rapazada aprende de forma natural, tal e como aprendemos a lingua materna. As profesoras primeiro fomentan o listening, é dicir, a escoita e a comprensión, e logo o speaking, a fala e apronuncia. A gramática é un dos últimos pasos na adquisición do idioma. A idade é un factor a ter moi en conta, pois canto menor sexa a idade, maiores serán os resultados evolutivos. O alumnado de Kids&Us alcanza un gran nivel con clases divertidas e dinámicas, pero sobre todo adaptadas á cativada, respectando os ritmos de aprendizaxe e o desenvolvemento propios de cada etapa vital. Aprender xogando fai que practicar o inglés non se sinta como unha obriga.

Neste mes arranca o proceso de matriculación nos dous centros que temos na cidade. Pódese reservar praza para facer unha primeira proba gratuíta escaneando o código QR habilitado para isto. Tamén é posible visitar a academia, pois as educadoras mostran o centro e informan de todo o proceso encantadas e sen compromiso. Welcome kids!

Rúa de Xirona, 8; rúa de Urzáiz, 108 | 986 95 16 98, 699 88 83 82, 628 17 89 92 | vigo.independencia@kidsandus.es, vigo.urzaiz@kidsandus.es

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.