COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos

Segundo a tradición católica, a celebración da primeira comuñón é a gran festa da infancia; é un momento especial para a conmemoración do remate dunha fase da crianza. A rapazada vive o momento con moita intensidade, mesmo con certo nerviosismo, e o mellor recordo deste día será, sen dúbida, a reportaxe fotográfica.

La Fábrica Fotografía é o equipo formado por Daniel e Patricia, especialistas en reportaxes gráficas de neonatos, comuñóns e vodas. Son capaces de captar eses instantes previos de ilusión, as caras iluminadas pola emoción, para logo plasmalas no papel. As fotografías realizadas son únicas, centradas nos pequerrechos como grandes protagonistas da xornada. Apostan polas fotografías en exterior, en contornas naturais que aproveitan a riqueza paisaxística da nosa terra, podéndose combinar con fotografía de estudio. Recoñecen que a planificación é un factor importante, pero a espontaneidade e a naturalidade son factores que priorizan en cada disparo de cámara. Coidan moito da escenografía e asegúranse de que, alén dunhas fotos bonitas, queda para o recordo unha experiencia divertida.

Recomendamos pasar pola web ou polas redes sociais de La Fábrica e botarlles unha ollada aos traballos que realizan; é fácil que nos fascinen as imaxes. O valor dos recordos non ten prezo e as fotografías son un gran legado para lembrar o camiño feito. A sesión fotográfica pode reservarse por teléfono ou a través do correo electrónico.

Rúa de Barcelona, 52 | 686 68 80 49 | lafabricafotografia@gmail.com | lafabricafotografia.com | @lafabrica.fotografia

Lourdes Tomé
Redactora

SONRIAS
The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.