COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Liceo Marítimo de Bouzas

Se algo apetece en verán é estar preto da auga. O Liceo Marítimo de Bouzas organiza este campamento de verán onde a rapazada practicará diferentes actividades náuticas, como kaiak ou vela, á vez que se diverte. O campamento vai do 24 de xuño a 6 de setembro, de 9:30 a 13:30, para nenos e nenas de 7 a 14 anos. Como resulta lóxico, é preciso saber nadar para anotarse a estas actividades.

O prezo é de 100 euros (75 € para socios). Existe a opción do servizo madrugadores por 10 euros máis á semana. Se o neno ou nena acude tres semanas consecutivas, a cuarta sairalle gratis. O prezo das licenzas non está incluído no pago.

A rapazada adquire coñecementos básicos da navegación a vela ao tempo que se divirte en equipo a bordo das diferentes embarcacións das que dispón este lugar privilexiado da vila de Bouzas, ideal para se iniciar no mundo náutico.

Datas: 24 de xuño a 6 de setembro
Idade: de 7 a 14 anos
Prezo:
100,00 € semanais (75,00 € para os socios)

SONRIAS

Rúa de Eduardo Cabello, 8 | 986 23 24 42 | info@liceobouzas.com