REVISTA ABRIL

O máis lido en A Movida durante o 2020

Estes foron os cinco artigos máis consultados durante o ano que marcha, os cales nos falan de festivais, música, gastronomía ou arte urbana. Gran noticia que a cultura, a arte e o lecer sigan interesándonos a pesar do ano que nos tocou vivir.

O 5 de agosto de 2020 faciamosnos eco da programación Vigo en Festas que o Concello preparara para este verán tan atípico. Para previr as aglomeración e dar apoio aos artistas locais, 39 bandas viguesas actuaron en 15 palcos espallados pola cidade durante tres semanas. Ao rematar este ciclo de concertos, contactamos con varios dos artistas participantes para que nos desen a súa opinión da iniciativa.

O principal oasis musical deste verán foi o Festival TerraCeo, organizado polo Concello no Auditorio Mar de Vigo. Por este escenario, situado na terraza do edificio, pasaron artistas como Los Secretos, Amaral, Love of Lesbian, Kiko Veneno, Coque Malla, Rodrigo Cuevas, Andrés Suárez, El Drogas, Recycled J ou Marlango, e humoristas como JJ Vaquero ou Rober Bodegas.

REVISTA ABRIL

A finais de novembo emitiuse en La 2 de Televisión Española o paso do programa Un país mágico pola nosa cidade. Neste percorrido cultural, histórico e gastronómico visitaron algúns dos lugares máis emblemáticos da urbe con guías de luxo como Pedro Feijoo ou Ledicia Costas.

Un dos artigos que máis éxito teñen sempre na nosa web son os percorridos que facemos polos novos murais da iniciativa Vigo Cidade de Cor. Este 2020 sumáronse á longa lista 16 novos murais espallados por toda a cidade.

A hostalería foi un dos sectores máis afectados pola actual pandemia. A web El Tenedor lanzou esta iniciativa co fin de reactivar o consumo, á que se sumaron locais vigueses como Nikko, Bonpland, Umami Taberna e A Xeitosiña.