REVISTA ABRIL

Catro establecementos vigueses poñen a súa carta a metade de prezo para promover a volta aos restaurantes

Nikko, Bonpland, Umami Taberna e A Xeitosiña únense á campaña de El Tenedor “Volvamos a los restaurantes” que busca reactivar o consumo en hostelería ofrecendo descontos do 50% en toda a carta dos catro establecementos, sempre que se reserve a través da plataforma e se consuma entre o 17 de setembro e o 17 de outubro.

Miles de restauranes en 18 países participan durante catro semanas nunha campaña nunha chamativa campaña na que rebaixarán ata a metade os prezos de toda a súa carta para facerse notar entre a competencia e recuperar o ritmo de ventas que a crise senitaria lles arrebatou durante os pasados meses. Son 22 os establecementos nos que os comensais poderán desfrutar desta xugosa baixada de prezos, catro deles en Vigo: Nikko Espacio Gastronómico (Rúa México, 10), de comida xaponesa; A Xeitosiña (Travesía de Vigo, 58), local de pratos tradicionais; Bonpland (Montero Río, 38), unha cervexería e tapería con vistas ao mar; e Umami Taberna (Salamanca, 2), restaurante fusión de comida tradicional e toques asiáticos.

REVISTA ABRIL

Desde a plataforma El Tenedor, unha web de reservas en restaurantes artífices da campaña, estiman que os hostaleiros que participen triplicarán as súas reservas durante a iniciativa e verán duplicada a súa clientelea unha vez pasada a campaña. Estas son tamén as aspiracións de Alicia Pereira, encargada da comunicación no Umami, un restaurante de comida tradicional e fusión que abriu a principios de ano na Rúa Salamanca. Alicia agarda que a campaña serva para compensar a baixada de clientela “A principios de verán tivemos tardes con tres ou catro comensais e iso era debido ao medo. Afortunadamente a demanda foi subindo, pero segue sendo menos que antes da crise sanitaria”. Tamén a reducción por lei da capacidade máxima dos locais está detras desta baixada na facturación dos locais de restauración.

O duro golpe propiciado pola pandemia require de medidas algo extremas, pois Alicia recoñece que a reducción do precio sería imposible mantela no tempo. “Plantexámolo como unha inversión en márketing que esperamos que faga que moita xente descubra o restaurante”.

A promoción estará activa ata o 17 do mes de outubro, en horario de comidas e ceas. É aplicable a toda a carta dos catro restaurantes, e excepción do menú do día, que xa conta cun prezo moi axustado, e as bebidas.