CASAACUNHA

39 artistas locais actuarán nos diferentes barrios da cidade

Desde o 21 de agosto ata o 13 de setembro, 39 artistas locais actuarán ao longo de 15 xornadas polos diferentes barrios da cidade dentro do programa Vigo en Festas. Todos os concertos serán ás 22:00 e de balde.

Fíxose de rogar pero finalmente o Concello confirmou as actuacións das bandas locais este verán dentro do programa Vigo en Festas. Serán 15 concertos de 39 artistas, cada un deles nun barrio diferente. Atopamos música de todo tipo, desde electrónica e metal ata folk e música orquestral.

Os concertos, que serán todos as 22:00 e totalmente gratuítos, non precisan de reserva previa, senón que será por orden de chegada. A continuación a listaxe completa:

  • 21 de agosto. Pablo Lesuit e Cómplices, na Porta do Sol
  • 22 de agosto. Fon Román, Amaro Ferreiro e Frans Banfield, en Liñares (San Miguel, torreiro da festa)
  • 23 de agosto. Woyza e Baby Katze, e Broken Peach, no torreiro de Coia
  • 27 de agosto. Lorena Freijeiro, Sabela Cereijo, Isga Collective e Xardín desordenado, en Lavadores, no torreiro da festa
  • 28 de agosto. Villanueva, Eladio y los seres queridos e Santi Araujo, no Pau de Navia
  • 29 de agosto. Margarida Mariño e a Coral Casablanca, no parque da Riouxa
  • 30 de agosto. Aphonnic e Soul Jacket, en Candeán, novo espazo de lecer e festas
  • 3 de setembro. Coro Koda, Tony Lomba, Sara Peral e Frankie Valencia, en Sárdoma, ao carón da Igrexa 10
  • 4 de setembro. Cuarteto Caramuxo e Son Trío, na Praza do Berbés
  • 5 de setembro. Juanjo Rodal, La buena vida e Le Barluthiers, en Cabral, no torreiro da festa
  • 6 de setembro. Mitic e Black Stereo, en Matamá, no torreiro da festa
  • 10 de setembro. AFF’60, Maryland e Isius, en Beade, no torreiro da festa
  • 11 de setembro. Óscar Avendaño, Family Folk e Indy Tumbita, en Bembrive, explanada do centro cultural
  • 12 de setembro. Presumido, Maldito Murphy e Sótano de Babel, na alameda de Bouzas
  • 13 de setembro. Tony Lomba e The Banded, en Zamáns, no torreiro da festa