Que regalar polo Día da Nai?
Achégase o Día da Nai e seguro que algúns de nós aínda non sabemos moi ben que regalar. Por aquí vos deixamos algunhas ideas variadas e de comercio local.
Viaxe a Cíes e Ons
Piratas de Nabia invita as nais a viaxar de forma gratuíta a Cíes ou Ons este domingo. Aquí as condicións.
Agasalla comida
O restaurante de Matamá O Lar das Artes, convida a sobremesa a todas as nais que se acheguen a este asador a comer o domingo. Consulta a súa programación musical para levar á túa nai outra fin de semana a desfrutar da música en directo.
El Trigal, nos seus locais de Príncipe e Alexandre Bóveda, encargaranse de endozar unha xornada tan especial.
O Cañaveral ofrecen un brunch día da nai con menú especial para os pequenos.
E as empanadillas de A Tapa do Barril sempre son unha idea delicosa!
Música en directo
O Centro Comercial Camelias o celebra co concerto da cantautora local Sara Casas.
Roupa e complementos
Se estades buscando un agasallo, en Sr. Nilsson, Flamingos Vintage, Woodtown, Nickis Galicia Style e Le Marché de Rachel atoparedes pezas de roupa e complementos ideais para todo tipo de nais.
Deseño e obxectos orixinais
Se buscamos algo máis alternativo, seguro que en Galería Maraca, La Contenedora e Vaidhé atopamos o que andamos a buscar: ilustración, artesanía, axendas, tazas, complementos, libros, etc.
Cultura
Outra boa opción que nunca falla é regalar cultura. En Librouro, con décadas de experiencia, estarán encantados de asesorarvos segundo os gustos das vosas proxenitoras para o escoller o libro idóneo. E por que non mercar unhas entradas para ir a Ártika esta fin de semana a ver a obra Iphixenia?
Mover o corpo
Unhas clases de swing da man de Swing On tampouco parecen unha mala idea para sorprender ás nosas nais e mover un pouco o corpo.
Un cambio de look
Sara García – PELUQ art para un cambio de peiteado e Rataloka Tattoo Studio se se anima coa tinta e a agulla.