BIBOPALULA

18mai11:3019:30Chegan os Maios ao Casco Vello para botar fóra o invernoAS NOSAS FESTAS | De balde11:30 - 19:30(GMT+02:00) Praza do Berbés

Detalles do eventos

Asociación do Casco Vello celebra a 42ª edición da súa tradicional Festa dos Maios o domingo día 18 na Praza do Berbés con actividades para pequenos e maiores e na que non faltará a música.

Este acto, presente en moitas culturas europeas, festexa a transición do inverno á primavera e a exaltación da natureza e ten a súa orixe nas culturas prerromanas. O acto central representa unha disputa entre as dúas estacións na que o inverno resístese a marchar, a primavera acaba gañando e é, entón, cando entra en escena o cuco, cuxo canto anuncia a chegada do tempo cálido. A continuación, aparece o Maio, unha enorme construción floral armada polos propios veciños.

Máis

Hora

18 maio, 2025 11:30 - 19:30(GMT+02:00)

Localización

Praza do Berbés

Avenida de Beiramar, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events