VIALIA
bannerPicnicSesions

Que regalar polo Día da Nai?

Achégase o Día da Nai e seguro que algúns de nós aínda non sabemos moi ben que regalar. Por aquí vos deixamos algunhas ideas variadas e de comercio local.

Viaxe a Cíes e Ons

Piratas de Nabia invita as nais a viaxar de forma gratuíta a Cíes ou Ons este domingo. Aquí as condicións.

Agasalla comida

O restaurante de Matamá O Lar das Artes, convida a sobremesa a todas as nais que se acheguen a este asador a comer o domingo. Consulta a súa programación musical para levar á túa nai outra fin de semana a desfrutar da música en directo.

El Trigal, nos seus locais de Príncipe e Alexandre Bóveda, encargaranse de endozar unha xornada tan especial.

O Cañaveral ofrecen un brunch día da nai con menú especial para os pequenos.

E as empanadillas de A Tapa do Barril sempre son unha idea delicosa!

Música en directo

O Centro Comercial Camelias o celebra co concerto da cantautora local Sara Casas.

Roupa e complementos

Se estades buscando un agasallo, en Sr. Nilsson, Flamingos Vintage, Woodtown, Nickis Galicia Style Le Marché de Rachel atoparedes pezas de roupa e complementos ideais para todo tipo de nais.

Deseño e obxectos orixinais

Se buscamos algo máis alternativo, seguro que en Galería Maraca, La Contenedora e Vaidhé atopamos o que andamos a buscar: ilustración, artesanía, axendas, tazas, complementos, libros, etc.

Cultura

Outra boa opción que nunca falla é regalar cultura. En Librouro, con décadas de experiencia, estarán encantados de asesorarvos segundo os gustos das vosas proxenitoras para o escoller o libro idóneo. E por que non mercar unhas entradas para ir a Ártika esta fin de semana a ver a obra Iphixenia?

Mover o corpo

Unhas clases de swing da man de Swing On tampouco parecen unha mala idea para sorprender ás nosas nais e mover un pouco o corpo.

REVISTA ABRIL

Un cambio de look

Sara García – PELUQ art para un cambio de peiteado e Rataloka Tattoo Studio se se anima coa tinta e a agulla.

CONSULTA A AXENDA MÁIS COMPLETA DA CIDADE