CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

“De polo a polo”, unha viaxe polos paraísos ameazados que pode verse na rúa do Príncipe

52 fotografías de gran formato están instaladas desde onte na rúa do Príncipe, fronte ao MARCO. Trátase da exposición “De polo a Polo”, unha selección curada por Fundación La Caixa de fotografías de National Geographic que quere amosar a beleza e biodiversidade da Terra, así como crear un espazo de reflexión sobre os efectos da destrución do noso planeta como resultado da actividade humana.

CAMELIAS NADAL

Desde o Ártiko ata a Antártida a exposición amosa algúns dos espazos naturais máis espectaculares da Terra, algúns deles coñecidos pola súa elevada biodiversidade, por ser fogaa de especies endémicas (aquelas que só habitan alí) e por estar gravemente ameazadas pola actividade humana. Máis da metade das especies de plantas do mundo e máis dun tercio dos mamíferos, aves, reptís e anfibios habitan tan són no 2,3% da superficie terrestre. A perda de diversidade que nos últimos anos aumentou a un ritmo alarmante e , según Conservation International, actualmente existen 38 puntos críticos en todo el mundo e un 86 % dos hábitats terrestres xa non existen debido a acción do ser humano.

“De Polo a Polo”quere abrir un espazo de reflexión sobre estas cuestións en pleno centro de Vigo, á vista de todos. As fotografías, de gran atractivo visual, foron tomadas por prestixiosos fotógrafos de natureza como Frans Lanting, Paul Nicklen, Michael Nichols ou Tim Laman. De norte a sur e de leste a este, a exposición lévanos por lugares tan inaccesibles como a sabana de Botswana, os bosques asiáticos ou a banquisa ártica, amosándonos as especies animais e vexetais que viven neles.

Pola súa localización ao aire libre, pode visitarse a calquera hora, pero existen visitas guiadas para aqueles que desexen coñecer a fondo o significado das 52 imaxes. Estas visitas terán lugar todos os sábados ás 18h e os domingos ás 12h e é necesario inscribirse no teléfono 900 80 11 37 para perticipar. A exposición estará instalada na rúa do Príncipe ata o 18 de febreiro.