Nikis Galicia Style© nace como resultado da inquietude e da experiencia dun equipo de traballo adicado ao desenvolvemento de marcas dende 1994 coa intención de ser un punto de encontro onde acoller diferentes formas de expresión cultural galega que non teñen cabida noutros espazos.
A través de soportes como a camiseta e artigos de regalo, tratan de reivindicar identidade galega, desde unha perspectiva contemporánea, enfrentando os iconos actuais e imaxinería popular da que tan orgullosos estamos!
Todo isto é o que pretenden amosar nos seus deseños e para iso contan coa colaboración de diferentes ilustradores do país.
En Vigo teñen dúas tendas físicas situadas nas céntricas prazas da Pedra e Porta do Sol.
Se non tes oportunidade de pasar por algunha delas, visitia nikisgalicia.com e ahí poderás comprar o que desexes e recibilo no teu domicilio.
Horario na praza da Pedra:
Luns a venres: 10.30 – 21.00
Sábado: 11.00 – 21.00
Domingo: 11.00 – 14.00