VIALIA
bannerPicnicSesions

Este é un evento repetitivo

IPHIXENIA

06mai20:00IPHIXENIAESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

O sábado 6 e domingo 7de maio , “IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER – COMPAÑÍA HUMANA” na Sala Ártika de Vigo.

Hora

  • sábado 6 ás 20:00h
  • domingo 7 ás 20:00h

Idades recomendada+ 12 anos

Duración: 75 min

Entradas aquí.

SINOPSE:

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación extraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda. 

Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina.

Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos… Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events