Con máis de vinte tendas ao redor do mundo, Flamingos Vintage Kilo chegou a Vigo para traer a mellor selección de roupa vintage dos anos 60, 70, 80 e 90 de orixe americana, ao mellor prezo posible.
Tanto pesa, tanto vale. Esta é a filosofía de Flamingos, con prezos en función do peso das pezas: 13€/Kg, 24€/kg e 39€/kg.
Hawaianas, camisas Western, crazy jackets, beisboleras, vestidos, saias, monos, petos, Levis 501, tie dyes, chaquetas de pel, cintos, botas cowboy…todo isto e moito máis.
Vai, descobre tesouros e pasa un bo intre con boa música e mellor ambiente.
Horario:
De luns a venres: 11.00-14.00 e 17.00-21.00.