Kids & Us: Inglés de base
Desde que nacemos, especialmente durante os primeiros anos de vida, actívanse unha morea de procesos cerebrais que fan que logremos habilidades complexas, como a de aprender a lingua materna, de xeito case espontáneo. Isto dáse grazas á exposición constante á fala e á sucesión de cinco pasos evolutivos: escoitar, comprender, falar, ler e escribir. Os mesmos pasos que se seguen en Kids&Us, un centro de referencia que aproveita ese proceso natural de adquisición da lingua para a aprendizaxe do inglés.
Se o pensamos ben, os pequerrechos pasan de comunicarse chorando a comunicarse con palabras e frases formadas en só dous ou tres anos. Non parece incrible? Por iso é importante aproveitar os primeiros anos, cando están máis receptivos para integrar outro idioma case sen se decatar. O de Kids&Us é un método pedagóxico totalmente probado e que garante unha inmersión lingüística absoluta, con sesións dinámicas e totalmente en inglés.
A través do xogo, na compaña de personaxes da súa idade, o alumnado aprende a falar en inglés con fluidez. O ensino está orientado para a rapazada de entre 1 e 18 anos, e os obxectivos de cada curso adáptanse a todo este rango de idade. Os dous centros que esta escola ten en Vigo están en proceso de matriculación, podéndose solicitar ao respecto información sen compromiso. Ademais, nesta ligazón podemos participar no sorteo de experiencias e produtos grazas a esta escola.
Rúa de Xirona, 8 | Rúa de Urzáiz, 108 | 986 95 16 98 | 699 88 83 82 | 628 17 89 92 | vigo.independencia@kidsandus.es | vigo.urzaiz@kidsandus.es
Lourdes Tomé
Redactora
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023