VIALIA
PLAYDOC

Kids&Us, inglés ao natural

Un método revolucionario para adquirir o inglés dunha maneira fluída é o que utilizan nos centros Kids&Us. Aquí a rapazada aprende de forma natural, tal e como aprendemos a lingua materna. As profesoras primeiro fomentan o listening, é dicir, a escoita e a comprensión, e logo o speaking, a fala e apronuncia. 

Nacemos cunha capacidade innata para a linguaxe. Un feixe de procesos cerebrais actívanse durante os primeiros anos de vida para aprendermos a lingua materna de xeito espontáneo grazas á exposición ao idioma. Con 20 anos de experiencia e máis de 200 academias repartidas por toda Europa, Kids&Us promove unha experiencia única e integral en canto á aprendizaxe de inglés para bebés, nenos e adolescentes a través do método Natural English, que aproveita estes mecanismos do cerebro para para que a rapazada adquira a lingua anglosaxoa tal e como fai coa galega ou a castelá. As emocións son un recurso a ter en conta nesta metodoloxía que se basea en tres piares:

1. Un sistema pedagóxico que progresa acorde ao crecemento do alumnado, de entre 1 e 18 anos, para alcanzar grandes competencias en inglés.

2. Unha aposta de alta calidade, con materiais propios e formación específica do profesorado.

3. O seguimento personalizado do alumnado a través de xuntanzas, titorías, informes trimestrais e demais ferramentas reafirman o compromiso con cada familia.

Kids&Us dispón de dúas academias en Vigo que xa se están preparando para o curso que vén, abrindo o período de matriculación a finais do próximo mes de abril. As familias interesadas pódense achegar pasar a calquera dos dous centros ou solicitar información a través do código QR que ilustra esta mesma páxina.

Contacto:

Entidade:                     Kids&Us

REVISTA MAIO

Enderezo postal:         rúa de Xirona, 8; avenida de Urzaiz, 108

Enderezo electrónico: vigo.independencia@kidsandus.es, vigo.urzaiz@kidsandus.es

Teléfono:                     986 95 16 98, 628 17 89 92 (Independencia), 699 88 83 82 (Urzaiz)