VIALIA
bannerPicnicSesions

Kids&Us: Inglés desde o berce

Sen lugar a dúbidas, un dos centros referentes da nosa área para afianzar os cativos na fala do inglés é Kids&Us. Tanto é así, que xa non sorprende como medran as matrículas Poden matricularse nenos desde as idades máis moi temperás, aproveitando a gran capacidade que teñen os pequerrechos para aprender idiomas con pouco esforzo.

A metodoloxía que emprega a escola segue a secuencia de oír, falar, ler e escribir; de modo que os rapaces acaban comunicándose cos seus iguais case sen dificultade, de xeito natural e espontáneo. As clases, que se realizan unha vez por semana, están distribuídas por idades (e non por niveis), o que permite que as temáticas vaian acordes cos seus gustos e coa mentalidade propia do seu tempo. Os materiais que se empregan non son aqueles cadernos tan aburridos das academias, senón que se trata de libros interactivos con personaxes rechamantes.

Contan con dous centros, un no número 108 da rúa de Urzáiz e outro no número 8 da rúa de Girona, ambos con período aberto para inscricións, que se poden visitar sen compromiso para coñecer de preto como traballan.

REVISTA ABRIL

Contacto:

Kids&Us | Rúa de Xirona, 8; rúa de Urzáiz, 108 | 986 95 16 98, 699 88 83 82, 628 17 89 92 | vigo.independencia@kidsandus.es, vigo.urzaiz@kidsandus.es

Lourdes Tomé
Redactora

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.