CASAACUNHA

Kids & Us: Inglés de base

Desde que nacemos, especialmente durante os primeiros anos de vida, actívanse unha morea de procesos cerebrais que fan que logremos habilidades complexas, como a de aprender a lingua materna, de xeito case espontáneo. Isto dáse grazas á exposición constante á fala e á sucesión de cinco pasos evolutivos: escoitar, comprender, falar, ler e escribir. Os mesmos pasos que se seguen en Kids&Us, un centro de referencia que aproveita ese proceso natural de adquisición da lingua para a aprendizaxe do inglés.

            Se o pensamos ben, os pequerrechos pasan de comunicarse chorando a comunicarse con palabras e frases formadas en só dous ou tres anos. Non parece incrible? Por iso é importante aproveitar os primeiros anos, cando están máis receptivos para integrar outro idioma case sen se decatar. O de Kids&Us é un método pedagóxico totalmente probado e que garante unha inmersión lingüística absoluta, con sesións dinámicas e totalmente en inglés.

Banner A Movidiña

            A través do xogo, na compaña de personaxes da súa idade, o alumnado aprende a falar en inglés con fluidez. O ensino está orientado para a rapazada de entre 1 e 18 anos, e os obxectivos de cada curso adáptanse a todo este rango de idade. Os dous centros que esta escola ten en Vigo están en proceso de matriculación, podéndose solicitar ao respecto  información sen compromiso. Ademais, nesta ligazón podemos participar no sorteo de experiencias e produtos grazas a esta escola.

Rúa de Xirona, 8 | Rúa de Urzáiz, 108 | 986 95 16 98 | 699 88 83 82 | 628 17 89 92 | vigo.independencia@kidsandus.es | vigo.urzaiz@kidsandus.es

Lourdes Tomé
Redactora

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.