CAMELIAS MASCOTAS

Inglés, naturalmente

Botando a vista atrás, recordaremos que para aprender inglés primeiro aprendemos a ler e escribir, despois aprendemos a escoitar e por último, no mellor dos casos, a falar, pero con escasa fluidez. Isto é como poñer o carro diante dos bois, xa que o modo natural de adquirir unha lingua, tal e como a aprende un meniño ao longo dos primeiros anos de vida, é a secuencia de escoitar, entender, falar, ler e escribir. Se o pensamos ben, pedir que os nenos aprendan a ler ou a escribir antes que a falar é un proceso contra natura. Por que os centros Kids&Us son referencia na aprendizaxe de inglés para nenos de 1 ano en diante? Pois por unha infalible metodoloxía baseada no proceso natural de adquisición da lingua materna.

En Kids&Us os rapaces aprenden a falar a través do xogo en sesións dinámicas e totalmente en inglés. O ensino está orientado en función da idade de cada estudante. Os nenos verán reflectidas circunstancias, inquietudes e intereses do seu día a día en grupos reducidos e na compaña de diferentes personaxes cos que se poden identificar. Desde o primeiro día, ábrense as portas a un inglés vizoso en natural abranguido nun proceso de inmersión lingüística, semellante á que poidan ter en galego ou castelán, para que a rapazada se nutra da competencia en inglés.

En Vigo temos a sorte de de contar con dúas sucursais da franquía Kids&Us, que neste momento están en pleno proceso de matriculación. Podémonos achegar a un destes centros ou solicitar información sen compromiso. Estaremos diante dunha boa oportunidade para aprender inglés baixo un método tan amable como eficaz.

REVISTA NOVEMBRO

Contacto:

Kids&Us
Rúa de Xirona, 8; rúa de Urzáiz, 108
986 95 16 98, 699 88 83 82; 628 17 89 92
vigo.independencia@kidsandus.es; vigo.urzaiz@kidsandus.es

Lourdes Tomé
Redactora

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.