Escolas de portas abertas: San José de Cluny
A mellor herdanza que podemos deixar é autonomía e educación. A educación en valores é fundamental desde a infancia, por iso, no colexio concertado San José de Cluny ofrécense diversas metodoloxías: aprendizaxe cooperativa, traballo por proxectos e plans propios e internacionais, como Erasmus+. O centro conta con máis de dez mil metros cadrados de instalacións onde que se poden desenvolver todas as actividades ofrecidas: aulas de informática, música ou tecnoloxía; biblioteca; capela; laboratorios de física, química e bioloxía; polideportivo; radio; salón de actos…
Conscientes de que as tecnoloxías da comunicación e da informacións están en plena efervescencia, aquí poténciase a competencia dixital en todo rango de idades. O mundo xira derredor da comunicación e este centro plurilingüe ensina inglés desde os 3 anos de idade e francés a partir dos 8. «O teu primeiro cole, a túa segunda casa» é o slogan deste colexio de carácter familiar que abrangue desde os 3 anos ata o bacharelato.
Para axudar coa conciliación familiar, tamén se ofrecen servizos madrugadores e diversas actividades extraescolares, contando cun club deportivo propio.
Máis información:
Web: www.clunyvigo.es
Enderezo: Rúa do Carballo, 46
Teléfono: 986 49 35 01
Lourdes Tomé
Redactora
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023