VIALIA
bannerPicnicSesions

Escolas de portas abertas: Colexio Alborada

Este centro plurilingüe emprazado en Cabral formouse hai case 42 anos como unha cooperativa que iniciaron oito profesores e que a día de hoxe xa está formada por 26 docentes. Destacan pola súa constante renovación pedagóxica e a súa capacidade de adaptación as novas realidades sociais.

Nesta escola cubren as etapas de educación infantil, primaria, secundaria e tamén ofertan educación especial. Aínda que o seu horario lectivo é de xornada única desde as 8.40 ata ás 14.00h, as portas permanecen abertas desde as 7.30h ata ás 17.30h con servizo de aula matinal, ludoteca e comedor. Dispoñen ademais de multitude de actividades extraescolares como natación, robótica ou xadrez.

Grazas ao seu ambiente familiar e a un trato personalizado co alumnado a atención a diversidade e a educación inclusiva convértense nun dos puntos fortes deste centro xunto a importancia dos idiomas. Forman parte da rede de centros plurilingües da Xunta de Galicia, realizan viaxes culturais con rutas por España, de inmersión e intercambios lingüísticos a diferentes países e mesmo participan en concursos tales como Speelling Bee e Europe Young Parlament.

Neste colexio promoven a curiosidade en grandes e cativos a través de retos e proxectos de investigación. Participan en feiras científicas, expociencias (Galiciencia, Exporecerca,…), foros intercomunitarios, relatorios (MAGMA), concursos e xornadas científicas a nivel nacional e internacional. No laboratorio do colexio, desenvólvense a partir de 5° de primaria, traballos medioambientais co fin de concienciar sobre a súa importancia.

REVISTA ABRIL

Toda a labor educativa ten como principal obxectivo: facilitar un desenvolvemento integral no alumnado co fin de formar adultos responsables, capaces de desfrutar dunha convivencia feliz consigo mesmo, cos demais e coa súa contorna.

Portas abertas: para coñecer o centro é necesario reservar cita previa no teléfono 986 272 432

Avenida do Aeroporto, 392
@colexioplurilinguealborada
www.colexioalborada.es/