Salvemos a hostalería
O servizo a domicilio constitúe nestes tempos a única vía de escape para a afogada hostalería das cidades galegas, que ve como cada remesa de medidas anticovid confina un pouco máis os seus negocios, na corda frouxa desde hai xa case un ano. Ao outro lado das verxas pechadas dos nosos locais favoritos, os hostaleiros vigueses continúan a traballar no seu, reinventando a súa carta e ofrecendo alternativas take away para que non deixemos de desfrutar dos seus pratos.
A volta ao mundo en cinco ‘take aways’ de Vigo
Aeroportos desertos, voos cancelados e as expectativas daquela viaxe soñada postas en lista de espera desde hai xa demasiado tempo[...]
Koa Poke, o prato hawaiano saudable
Fresco, saudable e personalizable. Os pokés teñen moitos ingredientes para ser o próximo sushi, unha comida exótica que nos invadiu[...]
Filloas e orellas de El Trigal para adozar un Entroido atípico
A ausencia de bruxas, paiasos, policías e cow boys que acostuman patrullar as rúas nestas datas pode facer que nos[...]
Terrae, o paraíso ecolóxico de Vigo
En maio fará seis anos que Marcelo e Dani abriron Terrae Orgánica na rúa Venezuela, unha tenda na que conviven[...]
A Tapa do Barril, moito máis que empanadillas
Hai cinco anos que Ana Terzado colleu a remuda de A Tapa do Barril, unha popular taberna no número 63[...]
Arepas da Ría, Galicia e Venezuela nun bocado
Na historia vital de Lyset Machado hai sempre un mar de por medio. Venezolana, chegou a Galicia hai 20 anos[...]
The following two tabs change content below.
Paula Cermeño
Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024