A hostalería viguesa maniféstase nunha gran caravana protesta
As novas restriccións impostas pola Xunta de Galicia deixan novamente ao sector hosteleiro nunha situación perigosa e moi precaria. Por iso mesmo, está mañá ás 11:00 fixeron unha quedada en Samil, onde iniciaron unha caravana protesta polas rúas da cidade para facerse oír.
A Xunta Directiva de Hostalería de Pontevedra (FEPROHOS), organización empresarial que representa aos restaurantes, salóns de vodas, bares, cafeterías, pubs, discotecas, hoteis e aloxamentos turísticos da provincia de Pontevedra, convocou está mañá ás 11:00, no aparcadoiro do Verbum, unha caravana protesta que rematou na cima do Castro.
Neste roteiro, que percorreu numerosas rúas da cidade, realizaron unha serie de reivindicacións reclmanado un trato xusto ao sector:
- Que a Xunta permita aplicar o ERTE por impedimento para o conxunto de empresas do sector debido ás limitacións de demanda e horario ás que se enfrontan, cubrindo o 100% da cuota da Seguridade Social.
- Suspensión do pago da cota de autónomos, de forma análoga á prestación por cesamento recoñecida no mes de marzo.
- Moratorias de carencias, préstamos e hipotecas e alongamento de prazos dos créditos. Ofrecer préstamos participativos e familiares.
- Exoneración de tributos Municipais ou polo menos da parte proporcional á ausencia de actividade económica do local e a actividade sobre a cal se tributa (IAE, tasas de lixo, terrazas e vehículos de tracción mecánica). O mesmo cos impostos rexionais e nacionais por idéntico motivo.
- Resolucións e pagos inmediatos das axudas da Consellería de Turismo que se aprobaron no 2020 para proceder a cobralas canto antes, como moi tarde durante os primeiros días de 2021.
- Estudo de novas axudas da Consellería de Turismo aos subsectores que se atopen nun estado máis crítico.
- Arbitraxe entre arrendadores e arrendatarios. Pago de alugueres, poderíase tramitar unha exención obrigatoria do 50% dos gastos de aluguer a satisfacer polo arrendatario e que o arrendador tivese durante o exercicio unha redución especial do seu rendemento neto por este concepto do 50%, como compensación á redución dos seus ingresos.
Nas próximas semanas veremos cantas destas reclamacións fanse realidade e cantas non. O que está claro é que este mes váiselles facer moi costa arriba a un dos sectores máis perxudicados pola crise sanitaria.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- O labirinto administrativo de Vigo: por que é tan difícil organizar un evento cultural no espazo público - 4 Xuño, 2026
- Álex Arnoso: «Non fixemos Vimbio como unha aposta comercial, senón porque nos apetecía» - 2 Xuño, 2026
- O documental sobre o actor vigués que compartiu pantalla con Clint Eastwood ou Kirk Douglas precisa axuda - 26 Maio, 2026
- Once espazos onde escoitar música en directo nos arredores de Vigo - 21 Maio, 2026
- Imaxinatea Lab Creativo propón un campamento no que desenvolver a creatividade - 14 Maio, 2026









